30 marzo 2006

e chegaron os romanos a Gallaecia


A conquista romana de Galicia foi temperá, xa que por eiquí pasaron as tropas de Décimo Xuño Bruto, que rexeitaron cruzar o río Limia, tamén coñecido como río do esquecemento, por medo a lenda que advertía que quen o cruzara, esquecería a súa patria e a súa vida anterior.
Tivo que ser pois o mesmo Décimos Lotarius o primeiro que fixera o cruzamento do río, e dende a outra beira comezara a chamar os lexionarios polo seu nome:
-Chalán Cotroso! Oe!, como non me esquezo da túa débeda de denarios e sestercios.
Mal demo te leve, xa vou!.
-Corolos dos Calangros! Non sexas tarambaina e sen máis trécolas cruza o río.
A carabina de Ambrosio!, eu nada mais atraveso se hai papas e leite xirón.
-Manguelo Tarabelo! Adiante que iremos de troula e de entroido cos peliqueiros.
É que como chove moito, enferrúxaseme a espada, alguén ten 3x1 pra limpala?.
Si ho, eiqui hai de todo. Cagoningundiós cruzade! que todo é unha trapallada dos galaicos pra seren ceibes. ADIANTE TRÍSCELE!
E así cruzaron o río sen dexobarse, en formación de falanxe: centurions, decurions, lexionarios, gladiadores e loitadores, coas súas catapultas e onagros pra tirarnos pedras e teas acendidas.

Mais, nos Ancares unha pequena aldea . . .

1 comentario:

acedre dijo...

Gustame o que escribes anque tes unhas palabrinhas...