30 marzo 2006

e chegaron os romanos a Gallaecia


A conquista romana de Galicia foi temperá, xa que por eiquí pasaron as tropas de Décimo Xuño Bruto, que rexeitaron cruzar o río Limia, tamén coñecido como río do esquecemento, por medo a lenda que advertía que quen o cruzara, esquecería a súa patria e a súa vida anterior.
Tivo que ser pois o mesmo Décimos Lotarius o primeiro que fixera o cruzamento do río, e dende a outra beira comezara a chamar os lexionarios polo seu nome:
-Chalán Cotroso! Oe!, como non me esquezo da túa débeda de denarios e sestercios.
Mal demo te leve, xa vou!.
-Corolos dos Calangros! Non sexas tarambaina e sen máis trécolas cruza o río.
A carabina de Ambrosio!, eu nada mais atraveso se hai papas e leite xirón.
-Manguelo Tarabelo! Adiante que iremos de troula e de entroido cos peliqueiros.
É que como chove moito, enferrúxaseme a espada, alguén ten 3x1 pra limpala?.
Si ho, eiqui hai de todo. Cagoningundiós cruzade! que todo é unha trapallada dos galaicos pra seren ceibes. ADIANTE TRÍSCELE!
E así cruzaron o río sen dexobarse, en formación de falanxe: centurions, decurions, lexionarios, gladiadores e loitadores, coas súas catapultas e onagros pra tirarnos pedras e teas acendidas.

Mais, nos Ancares unha pequena aldea . . .

16 marzo 2006

Galegos si. Nacionalistas tamén.



Neste modelo de centralismo centralizador e nesta globalización global, nada máis a lingua será o sinal de identidade dos pobos. Tentan rematar con nós, de dous xeitos: acubillando a nosa lingua e minguando a poboación.

Até 1910 Galiza tiña máis poboación ca Cataluña. Hoxe Galiza ten 2,7 millóns e Cataluña 7 millóns, ou sexa o 38%. Madrid era unha vila coma Pinto ou Valdemoro cando Felipe II levou eili a Corte no ano 1561. No censo de 1530 tiña 4.060 habitantes . Hoxe ten 6 millóns de persoas, máis do duplo ca Galiza e acabará por ter media España.
Quizabes é que hai minas de ouro, ou diamantes ou petróleo eili? Ou o que reparte e ben reparte...

O economista Xosé Díaz Díaz (Terra e Tempo) estudou, o sistema de financiamento que nos presentan dun xeito completamente inverso a realidade.
Fáisenos crer que Galiza é subvencionada polo carácter solidario do Estado, cuxos ingresos, non se xeran nela e noutras nacións e rexións, senón que xorden máxicamente no quilómetro cero madrileño e son despois graciosamente repartidos, polo que existimos grazas a tan xeneroso Estado Centralista.

No ano 2003 con datos da Axencia Tributaria Estatal recádase o 47,5% do total en Madrid. Porén o seu Producto Interior Bruto (PIBpm) a prezos correntes foi do 17,4%. Esta notoria anomalía na que a recadación (47,5%) é 2,73 veces superior a producción (17,4%) ten dous motivos: 1) a localización na capital dun elevadísimo aparello administrativo (investimentos, altos salarios das Xefaturas...)cuxo custo os teóricos da solidariedade estatal reparten a escote entre todos os españois, xa que nos beneficia a todos por igual, e 2)a localización eili tamén (que casualidade!) das sedes do 80% das empresas públicas, de servizos ou industriais privadas, que teñen os seus centros productivos, contaminan, fan os encoros,etc. na Galiza, no Aragón ou no resto do Estado.

O informe de Recadación Tributaria indica que nese mesmo ano, o que Galiza entrega ao máxico Estado foron 7.662 M. de €. No entanto, o que o Estado entrega a Galiza foron 5.717 M. de €. (=2.901 cesta territorializada de tributos+2.816 do Fundo de Suficiencia + Sanidade).
Remata así a ficción da solidariedade estatal, que xera os ingresos no quilómetro cero, xa que é ben ao revés e por iso non queren mudar de modelo, deixando que os cidadáns do Estado sigan pagando e Madrid medrando,grazas a súa capitalidade.

Mais, onde se produce o atropelo dun xeito escandaloso é nos Orzamentos de Investimento, considerando Bens de Todos os españois e polo tanto fora dos orzamentos e das contas da Comunidade Autónoma de Madrid: O Princesa Sofía, Cubrimento M—30,Aeroporto de Barajas etc. Nada máis por exemplo o Aeroporto de Barajas cunha dotación de 6.200 millóns de euros é o 63% de TODO o Orzamento anual da Xunta de Galicia . Manda truco!

Galiza non recibiu, nin siquer a porcentaxe que lle pertencía pola súa poboación, xerándose nestos anos, coa colaboración do “Goberno amigo” da Xunta un déficit en infraestructuras, emprego, sanidade, educación e servizos sociais, valorado en 21.000 millóns de euros.

Aínda coa diferenza que hai entre o Psoe e o partido da guerra, do Prestige e da privatización do Patrimonio do Estado, non pode o modelo centralista facer medrar o resto do Estado. Velaí mesmo Guadalajara, Avila, Teruel,etc.

Deste xeito se poñemos o Goberno en Soria, o Parlamento en Jaen e os Tribunais de Xustiza en Lugo, estaríamos a falar tamén de España, non si?, porén, sería moito máis xusta.

Cómpre pois, coller criterio pra saber cales son os nosos, dun xeito organizado ou sentimental, ou non haberá defensa xusta, dos intereses galegos no modelo centralista actual. Emigrar, xa sabemos!. Agora queremos un Pais con futuro.



07 marzo 2006

Tª da confederación de almas. A alma galega

Rodsildre (saxifraga opositifolia)


Isabel Parra: Ni toda la Tierra entera.



 Nós, non temos unha única alma, senón unha confederación de almas, e cada certo tempo, hai un eu (alma) hexemónico, que toma as rendas desa confederación.
Arestora, trátase do eu hexemónico galego, que vai cambiar a nosa vida e o noso País.

Medra a alma galega.
Medra Galiza.
Medra ti con ela.





 
Nótula: Publicado no Xornal.com o 10 de xaneiro do 2006