09 marzo 2013

Alternativas ao modelo económico actual


Alternativas 


Pulida magallonera. Hato de Foces

Alternativas ao modelo económico actual.

1). Propiciar unha estratexia de crecemento para Europa, con infraestruturas supranacionais en transportes, telecomunicacións e enerxía.

2). Evitar a asimetría na corrección dos desequilibrios. Correxir a diverxencia de custos laborais para equilibrar o déficit comercial.

3). Introdución de euro bonos (mutualización das débedas públicas), para financiar os déficits públicos.

4). A coordinación das políticas sociais e laborais e a harmonización das políticas fiscais.

5). Aumento do orzamento comunitario cunha taxa sobre as transaccións financeiras e un imposto sobre as emisións de carbono.

6). Regulación dos mercados financeiros con garantía dos depósitos.

7). Estabelecemento dun Goberno supranacional democraticamente elixido, para a estabilidade, crecemento e mutualización das débedas.



Economistas Fronte á Crise