25 abril 2013

Celeste e os cravos no 25 de Abril


                                                        Celeste Martins Caeiro

http://www.youtube.com/watch?v=gaLWqy4e7ls
Grândola, Vila Morena. ZECA AFONSO

Do que gostava agora era de voltar a ver aquele soldado que recebeu das mäos dela o primeiro cravo e o colocou no cano da espingarda. Saber o que foi feito dele, rapaz moreno e täo jovem, uma cara que nunca esquecera.Celeste Martins Caeiro, 60 anos vividos sempre em Lisboa, vai esta noite pegar num cravo vermello e voltar como todos os anos ao Rossio, un sorriso tímido a recordar dentro as flores daquela manhä luminosa.

Já contou a história muitas vezes e continua a comover-se. No fim, diz simplesmente que foi tudo uma coincidência. "Mas uma coincidência bonita, näo acha? Porque afinal em vez de dar tiros as espingardas tinham flores."

A história é muito simples de contar. Celeste trabalhava no self-service do "Franjinhas", que tinha sido inaugurado em 25 de Abril de 1973. Como era o aniversário, o gerente comprou cravos vermelhos e brancos para oferecer a cada senhora que encontrase no restaurante, mas, com o movimento das tropas nas ruas resolveu fechar o porta: "Levem-me as flores para casa, é escusado ficarem a murchar."

As colegas foram direitinhas para casa, Celeste meteu-se no metro para ir para o Chiado, onde entäo vivia num quarto que o incêndio de 25 Agosto destruiu.

Saiu no Rossio e deu de caras com os tanques. "O que estäo aqui a fazer?", perguntou ao primeiro soldado que encontrou. E ele respondeu que era uma revoluçao. "E desde que horas andam nesto?. E ele disse que desde as duas da manhä e sem cigarros nem café. E ela que näo fumava, mas que tinha uns cravos, deu-lhe um: "Tome-lá" E ele pô-lo logo no cano da espingarda, e ela entäo subiu a rua a  oferecer  flores e subiu para os tanques e só descansou depois de ter estado todo o dia e toda a noite ali no Carmo.

Quando viu que as flores se multiplicavam nas espingardas e nas mäos das pessoas, descobriu que tinha desencadeado uma coisa importante. "Quase heróica", afinal.

(Texto de Ana Sousa Días)

07 abril 2013

GALEGO ENXEBRE

Milladoiro e Laura Amado. Quen puidera namorala. Alvaro Cunqueiro/Luis Emilio Batallán .https://www.youtube.com/watch?v=uHT-0PjGPvY



O emprego da fraseoloxía é o máis alto nivel de dominio de calquera lingua. A nosa fraseoloxía é de tamaña riqueza que cómpre usala acotío. Dende os tempos de María Castaña, temos ditos e frases de moito sandiós, que é mester empregar, hoxe en día tamén.


Adiante tríscele! e se de hoxe nun ano non somos máis, que non sexamos menos!



Polo si ou polo non. (Por se acaso)


Estar afeito. (Estar acostumado)


En lei dereita/Ben mirado. (en rigor)


De min a ti. (Eu no teu lugar)


Sen dar chío. (Sen rechistar)


Deixémo-la conta así!. (Mellor non menealo)


Inda estoupes!. (Desexo negativo)


Poñer cartos a medro. (Emprestalos para cobrar os xuros)


Deitarse canda as pitas. (Deitarse cedo)


A paso de boi. (Lentitude)


Botarlle toxo ao lume. (Encirrar)


Estar sen gonzos. (estar sen folgos)


Machacar en ferro frío. (Insistir de xeito inútil)


Comer lume. (Moi irritado)


Estar un que arde. (Estar furioso)


É un torcebotas. (un mal xogador)


Non lle mete un gol nin ao arco da vella. (Dianteiro ineficaz)


Saber o pan que coce o demo. (Valorar ben o esforzo)


Andar a achandar. (Tentar facer as paces)


Vai ater as pitas ao galo. (Vai rañala)


Hai que varrer cando vai aire. (Aproveitar as ocasións)


Traballar para o aire. (Traballar sen tirar proveito)


Non mesturar allos con bugallos. (Confundir ou mesturar cousas)


Non pasar un ano por alguén. (Estar ben conservado)


Ás apalpadelas. (Axudándose do tacto).


Apañar quente. (Levar una decepción)


Nin arre nin xo. (nin unha cousa nin outra)


Nin cheira nin fede.                    “


Sempre ten o as para o tres. (sae sempre coa súa)


Ter un azougue no cu. (estar inquieto)


Meter baza. (Intervir)


Facer as beiras. (Namorar.Cortexar)


Encher o ollo. (Gustar moito)


Beber os ventos por.      “


Estar a mirar os biosbardos. (Estar distraído)


Boca podre. (Persoa mal falada)


Se non e boi e vaca. (Só queda una alternativa)


Ser unha boa brisca. (Persoa da que hai que gardarse)


Buscar a burra e ir a cabalo dela. (Non ver algo evidente)


Andar na horta e non ver as verzas.            “


Non me moias a moucha. (Molestar con peticións insistentes)


Ouvir máis ca un can fanado. (Ouvir moi ben)


Cara de ferrreiro. (Cara de enfado)


Gábate, coitelo, que a vender te levo. (Presumir do que non ten)


Vir ao caso. (Ser oportuno)


A ceacú. (Cara atrás)


Chapodar un idioma .(Falalo moi mal)


Xa cheira. (Cansazo por algo que se repite de máis)


Un mata e outro esfola. (Dúas persoas coas mesmas calidades negativas)


Encima de mel, filloas. (Suma de varios feitos negativos)


Andar a miñoca. (Ser pobre)


Estar a moela. (Finxir que traballa)


Non mover una palla. (Non facer nada)


Estar posto polo concello.           “


Un agarra e outro ten man.           “


Mordelas pola calada. (Facer as cousas con disimulo)


Levarlle os ollos.(Apetecer moito)


Orneadas de burro non chegan ao ceo. (Dicir burradas)


Coma quen ouve chover. (Sen facer caso)


Mollar a palabra. (Beber un grolo)


Tes una panela. (Despreocupación)


Ter a lingua espodada. (Dicir as cousas claras e sen medo)


Non ter papas na boca.                    “


Tirar pola lingua. (Incitar a contar algo)


A lume de carozo. (Ás présas)


Máis vello ca andar a pé. (Moi coñecido)


Vestirse polos pés. (Actuar sen orde lóxica)


O Pedro Chosco. (O sono)


Que lle ronca o nabo. (Moi bo/boa)


Que lle ronca a pertegueira.        “


Que lle zumba.                                “


Tarde piaches. (xa é tarde para algo)


Comer coma un pito. (Comer pouco)


Bico de pucho.                   “


Pór a pingar/feder. (Reprender, criticar)


Quedar a pre. (En igualdade)


Recachar o rabo. (Irse, fuxir)


Á rapañota (A quen primeiro o colla)


Vir ao rego. (Atender a razón)


Hai que roelo. (Enfrontar as adversidades)


Darlle ao tarabelo. (Falar continuamente)


Outra vaca no millo!. (Expresión de desgusto.Desconformidade)


Xa descantiá!. (Foi hai moito tempo)


Tocar a zanfona. (Molestar. Deixa de amolar)


Vai tocar o zoco!. 
                       “