http://www.youtube.com/watch?v=ghnByR9QWvY
A lavandeira da noite: Noa e máis Carlos Núñez
AS REDUNDANCIAS
A redundancia é a repetición da mesma información nun texto.
Cando supoñen un aporte expresivo ou intensificador, ´vino cos meus propios ollos´, `subir para arriba´, chámanse PLEONASMOS e considéranse aceptabeis.
Deben evitarse, con todo, as redundancias, cando son simples recheos ou clixés, tales como:
* accidente fortuito. Só si é un suceso fortuito, ao chou, pode falarse de accidente, si non é fottuito trataríase dun atentado ou dun acto premeditado.
* actualmente en vigor. En vigor quere dicir que é válido no momento de que se trata.
* autopsia dun cadáver. A autopsia só pode realizarse a un cadáver.
* á mesma vez. É redundante, basta con dicir á vez.
* antecedentes previos. O antecedente dun feito é aquilo que ocorreu con anterioridade.
* beber líquidos. Beber significa inxerir un líquido, polo que debe especificarse cal.
* caer eliminado. Nos deportes, caer utilízase como derrota e é redundante cando a derrota supón a eliminación.
* cita previa. Pedir cita xa implica acordala previamente.
* colofón final. Colofón significa o remate final dun proceso.
* completamente, absolutamente, totalmente. É redundante combinalos con adjetivos que xa significan a totalidade, como ateigado, abarrotado, repleto, colapsado, de balde,gratis, innecesario,
* crespón negro. Un crespón é unha ` tira ou lazo de tea negra´.
* coñecer por primeira vez. Coñecer é acceder a un coñecemento que non se tiña anteriormente.
* de antemán, con antelación, por adiantado. Son redundantes con palabras nas que está a idea de anterioridade, como :(pre) prever previsión, predecir, avisar, reservar
*de novo, novamente, outra vez. Son reiterativas con palabras que denotan repetición: (re) repetir, reiniciar, reaparecer.
* deambular sen rumbo. Deambular indica andar sen dirección determinada, sen rumbo.
* divisas estranxeiras. Divísas son as moedas estranxeiras.
* dobrar a morto as campás. Dobrar significa ` tocar a morto´.
* idade longeva. Longevo significa `moi ancián ou de longa idade´.
* erario público. Erario é `tesouro público´.
* erro involuntario. Si non é involuntario, non é erro.
* especial fincapé. Fincapé conleva a idea de insistencia en algo que se afirma.
* falso pretexto. Pretexto ten o significado de `causa simulada´, polo que sempre é falso.
*exultante de alegría, de gozo, de satisfacción. Exultante é `que mostra gran alegría ou satisfacción´.
* funcionario público. Un funcionario é un empregado público.
* feito real, feito práctico. Un feito é unha ´acción ou obra´, real por si mesma.
* fillo primoxénito. Primoxénito significa fillo nado en primeiro lugar.
* oco baleiro. Oco significa `espazo baleiro no interior de algo´.
* idiosincrasia propia, particular. A idiosincrasia constitúena os `trazos, carácter, etc distintivos e propios dun individuo ou dunha colectividade´.
* insistir repetidamente, reiteradamente, de novo, unha vez máis. Insistir é `instar reiteradamente, repetir´.
* quilos de peso. De peso é unha redundancia detrás de unidades desa magnitude.
* macedonia de froitas. Macedonia significa ´ensalada de froitas´.
* nexo de unión. Un nexo é un nó, un lazo, unha unión, un elo.
*obxectar en contra. Obxectar xa é poñerse en contra de algo.
* opinión persoal. Unha opinión é sempre persoal.
*parte integrante. Unha parte é unha ´porción dun todo´.
*perruca postiza. As perrucas son sempre obxectos postizos.
* persoas humanas. É una redundancia, salvo se humana se empregar como comprensiva.
* protagonista principal, protagonista directo. O protagonista sempre é o personaxe principal.
*puño pechado. Puño xa é a `man pechada´.
* rodeado por todas partes. Rodear é `cercar algo colléndoo no medio´.
* tarifa de prezos. Tarifa é `táboa de prezos´.
* testemuña presencial. Unha testemuña é unha persoa que presencia.
* túnel subterráneo. Túnel é unha ´via subterránea aberta artificialmente´.
* utopía inalcanzable. Unha utopía é un plan irrealizable no momento da súa formulación.