07 mayo 2014

O ANTEPRETÉRITO do Indicativo (fora) e máis o PRETÉRITO do Subxuntivo (fose).

Katia Guerreiro. Vira dos Malmequeres.


O ANTEPRETÉRITO do Indicativo ou pretérito pluscuamperfecto sinala unha acción anterior a outra xa pasada, Cavilei que xa viñeras.
Acción real e coñecida.

Pode ter:

Valor de cortesía: Quixera pedirlle un favor.
Valor imperativo desde o pasado: Se non o trouxeches, trouxéralo.
Valor desiderativo e exclamativo: Quen me dera.
Valor hipotético no futuro desde o pasado: Díxome que comprara dous libros.

O PRETÉRITO do Subxuntivo ou pretérito imperfecto de Subxuntivo indica una acción irreal cuxo referente pode estar situado nun tempo pasado ou futuro. Díxolle que o acompañase (antes, agora, mañá).
Acción non real ou non coñecida.

Pode ter:
Valor de posterioridade desde o pasado: Pediume que lle fixese un debuxo.
Valor desiderativo: Ogallá fose millonario!
Oracións condicionais con verbo principal en pospretérito ou copretérito: se fose rico, compraría unha illa. Se fose rico, compraba unha illa.
Comparativas condicionais (como se/coma se): Viven coma se fosen marqueses.
Transformación a presente: Pediume que trouxese o brinquedo. Pediume que traia o brinquedo.
Cláusulas subordinadas que dependen dun pospretérito principal: Aínda que puidese, non o faría.