21 abril 2017

CASTELANISMOS SEMÁNTICOS






Antonio Molina y Diana Navarro cantan: Una Paloma Blanca


CASTELANISMOS SEMÁNTICOS
 O asterisco(*) indica que se trata dunha forma ou construcción incorrecta. As solucións correctas e os exemplos recollidos  van en cursiva.

accionarial: Non se debe confundir este adxectivo co substantivo accionario, accionaria. Accionarial fai referencia a aquilo que pertence ou é relativo ás accións dunha sociedade, mentres que accionario - accionaria designan o accionista ou posuidor de accións. Con este significado é sinónimo de accionista: Os *accionariais / accionarios / accionistas de Repsol recolleron onte tódolos seus beneficios.
administrar: Non se debe abusar no emprego deste verbo como sinónimo de subministrar: Onte mesmo, os soldados *administráronlle / subministráronlle á poboación tódolos productos e abandonaron a zona.
adoecer: Non se debe empregar este verbo como sinónimo de carecer, necesitar ou facer falta: O equipo *adoece / carece / necesita dun esquema defensivo coherente.
asolar: É unha palabra correcta co significado de queimar o sol ou de expoñerse ó sol. Trátase dun castelanismo que se debe evitar cando equivale a arrasar, asoballar, devastar, estragar; derramarse, estragarse, secar: Os azulgrás víronse *asolados / asoballados pola potencia do equipo contrario; As zonas *asoladas / arrasadas polo terremoto están recibindo axudas internacionais.
axencia: Este substantivo ás veces emprégase como anglicismo cando o podemos substituír por departamento, dirección ou organismo: Na citada *axencia / departamento, relacionado coa chegada de inmigrantes, recibíronse numerosas protestas polo trato que se lle estaba dando ó polisón marroquí.
buró: Cando se poida substitúase por escritorio; gabinete, comité, oficina, despacho, goberno: O buró / gabinete político permanece en tensión tralas recentes manifestacións populares.
contemplar: É incorrecto o seu emprego co significado de establecer, prever, regular, recoller (unha lei, un artigo): A lei non *contempla / regula esa tipoloxía de abusos.
emprazamento: En galego equivale a citación. Débese substituír cando equivale a localización, instalación, colocación, situación: O tema do *emprazamento / da localización da depuradora tratouse onte no pleno do Concello.
escudería: Forma válida referida ó oficio dos escudeiros. No ámbito deportivo débese substituír por equipo, escuadra: A *escudería / escuadra completa botouse enriba do xogador para felicitalo.
fallo: Débese evitar cando equivale a sentencia, dictame, decisión: O *fallo / a sentencia do xuíz coñeceuse onte pola mañá.
racha: No ámbito deportivo débese substituír por serie, fase, momento, marcha, sorte, tempada: Co resultado de onte o Tenerife rompeu a súa mala *racha / o seu mal momento. No ámbito metereolóxico empréguese refacho ou refolada.
relanzar: Non se debe confundir relanzar, que significa volver lanzar, con reactivar: A xulgar polos resultados de onte a economía estase *relanzando / reactivando dun xeito espectacular


(O Correo Galego) 

No hay comentarios: