19 septiembre 2017

Ollos de auga

Rúa Gamboa. Vigo. Foto de Cristina



Pousa. Pousa. A RODA 

Leo Caldas atravesou a rúa do Principe, cruzou a Porta do Sol, e pasou debaixo da arcada que noutro tempo fora unha das portas da cidade vella. Descendeu polo empedrado deixando a dereita a biblioteca universitaria e a casa episcopal. Tomou a canella que levaba á concatedral, foi en dirección oposta ao templo e baixou pola rúa Gamboa.
Non víu na balconada , a desluada rapaza, que ensimesmada nunha cadeira,  non lía relatos de dous patacos, senón "A conxura dos necios" de John K.Toole. Gabrielle tampouco o víu a el. Non se viron.

Pola quella abaixo, diante da porta da taberna A Esmorga, Xosé Caldo Caletre, sopraba o canón fumeante do seu "Colt" 45. "Ninguén dobra a esquina, sen pagar", rosmou.
 Disparáralle a faldriqueira e con tino déralle no peto, que agora soltaba moedas a carradas: céntimos, pesos, reais,  perroas, patacos, dous marabedís  e até un dobrón, que  tintinaban pola Porta  Gamboa, entre o rebulicio dos moitos clientes de cervexa do Corredor. O arce xaponés do cruzamento, era testemuña de que todas xuntas, non valían un patacón.

Atónito, Leo Caldas, entrou ao mesmo tempo n´A Esmorga, na Lideira e no Grial.

Dende fora podía pasar por unha taberna inglesa, con listóns de madeira escura encadrando a pequena fachada branca. Os marcos da porta e das fiestras de cristal biselado eran da mesma madeira. A entrada, cuberta por un telladiño de lousa a dúas augas, facía unha biseira sobre a beirarrúa. 

Dentro, santos bebedores, mollaban a palabra cos godellos, ribeiros e albariños de Christine e Raphael, falando de todo e de nada,  con paixón e  sabedoría e practicando a máxima de Beaudelaire: "Sede sempre poetas, aínda que for en prosa". Cronistas dun tempo.

Ollos de auga.Domingo Villar e Masa coral: santos bebedores.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Á rapaza lectora da rúa Gamboa gústalle esta entrada ;-)