24 agosto 2010

GROENLANDIA

ILULISSAT

Iceberg (montaña de xeo) que flota no océano despois de desprenderse da lingua do glaciar Semeq Kujalleq, en Ilulissat. . O 70-80% do seu volumen está mergullado por debaixo da superficie da auga. O xeo é menos denso ca auga e por iso flota.
Son perigosos para a navegación, polos seus desprazamentos, 0,5-0,8 nós. Un iceberg á deriva provocou o afundimento do Titanic no ano 1912.

 







En Ilulissat morou Knud Rasmussen, explorador e antropólogo que recorreu dende a Baía de Baffin ao estreito de Bering.






 NARSAQ

NARSAQ (llanura) con 1.700 persoas, ten moita vida mariña, con baleas, salmóns e focas.
Os seus icebergs son máis pequenos e máis azuis por seren máis vellos.















Nótula: Premer o rato dúas veces, ou premer unha e calcar outra, para agrandar ou engrandecer as fotos. É de balde, non vai custar nin un patacón máis.






 QEQERTARSUAQ na Illa Disko.

En Qeqertarsuaq, un can husky diante, e que xunto con outros, arrastrará a zorra, tirando polas cordas, para esvarar polo xeo e pola neve.
















Lingua de glaciar no fiorde de PrinsChristian.













O necio compañeiro Ignatius Reilly, vendo o mar de Baffin co sol a medianoite sentenciou: "Pois eu dígovos que a terra non é redonda. É unha chaira".
-Que dis ho?. E logo ao final da chaira que hai?.
-Iso eu non o sei. Eu sei o que sei e non sei o que non sei.
-Mala centella te parta!.
.






GROENLANDIA.
Ten 2.175.600 Km2 e 60.000 habitantes. O 84 % da súa superficie está cuberta de xeo.
A capital Nuuk (Godthâb) ten 16.000 persoas.
Os seus moradores son esquimós (eles chámanse Inuits), e a súa lingua é o groenlandés.
A súa moeda trócase a 7 coroas por 1 euro.
Dende o plebiscito de 1953 é un condado de Dinamarca.

18 agosto 2010

ISLANDIA

REIQUIAVIK


REIQUIAVIK (Baía Fumeante) con 180.000 persoas é a capital máis setentrional do mundo. É una cidade verde e extensa.
O edificio do Parlamento, data do 1.881.
É rechamante que malia ser un Pais que chove a cachón, a xente non emprega os paraugas, polo vento que vai.




Geyser de Strokkur.
Chafariz de auga quente e vapor de auga, que erupciona periodicamente por unha cheminea, nas zonas volcánicas.
A abundancia de auga quente, emprégana nas casas e na calefacción, que todos teñen.
O guía Thor, dixo que geyser (brotar) e iceberg(montaña de xeo) son palabras exportadas polo islandés a todo o mundo.
Preguntou polas palabras sacadas do castelán, dixémoslle que "camarada" pasara polo menos ao alemán, italiano,francés e sueco.



 







Gullfoss (Fervenza de Gull)












Calcar o rato dúas veces, para agrandar ou engrandecer a foto. Corre máis a auga.



ISLANDIA:
Ten unha superficie de 103.000 km2. e unha poboación de 330.000 habitantes. Máis da metade viven na capital Reiquiavik. O desenvolvemento humano é alto.
É unha República independente de Dinamarca dende 1944, co islandés como lingua oficial.
Elías Portela/Elías Knorr còntanos como pode facerse poesía en galego e máis en islandés.
Antón Seixo que foi o violinista de Milladoiro en varios discos, deleita co seu violín no Grand Mistral, tamén por estos mares.
Son dous galegos, que levan as fadas da aldea ao Mundo. Velaí a nosa identidade galega.

Addenda/Adealla: en REIQUIAVIK principia e finaliza a gran novela galega "A NOITE DA AURORA" do mestre da narración CAMILO GONSAR.