09 junio 2014

O Infinitivo flexionado






http://www.youtube.com/watch?v=bTF9Je6nAyo 

Rumba de Mouzo e Vergara. Son de Seu

 Infinitivo flexionado

A lingua galega ten unha caractristica moi singular: a posibilidade de flexionar o infinitivo. Só a teñen o galego, o portugués e o húngaro.

FALAR, FALARES, FALAR, FALARMOS, FALARDES, FALAREN.

É este un dos trazos máis tradicionais da nosa lingua, pois está presente desde a época medieval á actualidade.

É un recurso moi preciso, que non ten o castelán:

Apaga a luz ao marchar (eu).
Apaga a luz ao marchares (ti).
Apaga a luz ao marchar (el).
Apaga a luz ao marcharmos (nós).
Apaga a luz ao marchardes (vós).
Apaga a luz ao marcharen (eles).

Nalgúns casos o seu uso é obrigatorio. Queremos chegar antes de ti marchares.

Débese empregar cando o infinitivo ten un suxeito expreso no texto. E por seres ti, muller de tanto ben, eu non vou levarche máis de cen pesos.

E cando vai introducido por preposición ou locución prepositiva e ten suxeito propio. Antes de marchares debemos terminar o traballo. Após xantarmos podes folgar.

Non podemos deixar perder o infinitivo flexionado, pois é un trazo morfosintáctico que manten viva a esencia da nosa lingua.



XRFreixeiro Mato. Lingua de calidade.

No hay comentarios: