07 febrero 2017

MISS OURENSE


                                                         Ponte Vella. Ourense

Pandeirada de Ourense. Coral De Ruada 

1. A cruz de Pedra.
O abade Don Edelmiro era un orador convincente, de moito bracear. Peroraba a homilía abrindo os brazos a todos os xeitos e, nun deses acenos, espirrou. Quedou volado, cos brazos abertos en cruz, vendo medrar os mocos ata alcanzar a basta da estola. Os fregueses non daban chío, hipnoptizados pola porcallada, elástica como o cordón dun ioió. A vida non volveu aos parroquiáns, nin a cor ao rostro do crego. ata que o sancristán se apresurou a sonalo. Daquella empezou o folión.

2. O que enganan as iguanas.
A neboeira que cubría Ourense dende principios de febreiro continuaría ensombrecendo as rúas, cunha pequena lanceira de claridade a mediodía, o resto da xornada. Mais os municipais teñen vista de lince e, a pesar da borraxeira, deran co meu coche estacionado en lugar prohibido. Engurrei o papel da multa e o xornal e boteinos ao inferno. Acordeime dun veciño do meu edificio, analfabeto que, non obstante, mercaba a prensa cada día. Nunha ocasión -coincidiu que un transatlántico de luxo, botado por aquel tempo, copou a primeira plana- vino facendo que lía. Levaba o xornal ao revés, coa cheminea e os mastros do barco mirando para abaixo.
   - Que trae o diario?
   - Barcos a pique.


Miss Ourense. Bieito Iglesias en Galaxia

No hay comentarios: