09 noviembre 2017

A morte do meu pai







Mestres das catedrais galegas

A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai. ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación . . . E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclamación da República, a Guerra Civil como soldado e as relacións humanas)
.
Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.

Literatura con maiúsculas, con emocións que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazón como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a súa lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte do meu pai: un libro que os lectores farán seu. como se foran o narrador ou o protagonista.



No hay comentarios: