17 mayo 2020

O derradeiro verán


Adiós rìos, adiós fontes. Amancio Prada
Maribel, 17 de maio, día das Letras Galegas


O derradeiro verán. Unha narración epistolar publicouse por vez primeira en lingua alemá en 1910 e está considerada unhha das obras de ficción máis relevantes da intelectual Ricarda Huch, candidata ao Premio Nobel até en sete ocasións.

A autora, hábil evocadora de grandes momentos históricos, recrea nesta novela breve a Rusia de comezos do século XX a partir dun centenar de cartas cruzadas. As misivas pertencen a múltiples voces e revelan asemade a notable fondura dos personaxes e a intensa carga histórica que actúa como sutil soporte da acción. Neste sentido, cabe salientar o suspense creado dende a primeira páxina e un final que a crítica cualificou de dramático.

A trama céntrase nunha familia da alta burguesía, os Rasimkara. Para contrarrestar a malestar estudiantil, o gobernador de San Petersburgo pecha a universidade e marcha coa familia -a súa dona Lusinja, as súas fillas Katja e Jessika e mais o seu fillo Welja- á súa residencia estival, onde de novo será ameazado de morte. Gaña peso entón a figura de Lju, un alto funcionario do goberno que exerce como secretario do pater familias así como de escolta, en previsión de posibles atentados revolucionarios. Na segunda metade do século pasado, a novela coñeceu adaptacións radiofónicas e longametraxes cinematográficas.

No hay comentarios: