https://www.youtube.com/watch?v=UdADz_6HQcI
Marisa Valle Roso. Limosna de amores
DITONGOS E HIATOS. Acentuación
- Se dúas vogais seguidas se pronuncian na mesma sílaba, fórmase un ditongo, (hai, pau, a-de-mais).
- Se cada unha das vogais pertence a unha sílaba distinta, prodúcese un hiato, ( Ma-ri-a, Ra-úl, sú-a, ra-í-ña).
Cando se xuntan dúas vogais abertas (a, e, o) sempre forman hiato.
O encontro de dúas vogais pechadas (i, u) ou dunha vogal pechada e outra aberta pode producir ditongo ou hiato.
Ditongo: Ela é sa-bia.
Hiato: Ela sa-bí-a moito.
Acentuación:
1. As palabras con ditongo levan acento gráfico (´) se deben levalo segundo as regras xerais de acentuación. Colócase sobre a vogal aberta (a,e,o):
Agudas, levan (´) se rematan en vogal, n, s, ns: ademais, hai, viaxei, foi, pau, xudeu, eu, vou, viu, cruel, fuel, axial, cotiá, nación, noiés.
Graves, levan (´) se rematan en consonante distinta de n ou s: peixe, auga, diésel, tráiler, béisbol, foise, euro, ouro, baile, peito, coiro, quórum.
Esdrúxulas sempre levan (´): fáisenos, déixame, diérese. cóidao, tróuxoo, axóuxere, áureo, béixao, fóiselle.
2. Os hiatos formados por dúas vogais pechadas seguen as normas xerais de acentuación.
3. Os hiatos de vogal aberta e vogal pechada sempre levan acento gráfico sobre a vogal pechada .Acentúo, aínda, baúl, saía, traía, caída, raíz, túa, lúa, país, países, oído, oír, aí, moía, María, raíña, saír, peúgo, peíño.
4. As palabras que conteñen as vogais ui só deben levar acento gráfico se son agudas ou esdrúxulas, como buíz, luír,ruín, xesuítico, lingüística, púidonos, partíusenos, pero non se son monosílabas ou graves, como triunfo,lingüista, puido, abriuna, partiuse,Tui, Rui.
En xeral (ui), nunca se pon o acento grafico se o acento fonético vai na primeira (puido, Tui, partiu), e case sempre se pon se vai na segunda (ruído, muíño, xuízo, ruín, ruína, miúdo, fiúncho), xa que case sempre forman hiato, e son raros os casos en que son ditongo (lingüista, triunfo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario