07 junio 2022

Adorada Liz (VII)


 

https://www.youtube.com/watch?v=L5qEZWyGLqU

Medina Azahara e India Martínez. Tu frialdad

 

Aquela tarde a terraza da baiuca estaba chea, ateigada, de tas en bas.

Da Ría non se ría, Señoría! Chanceou un calquera.

Ai, non. Dixo outro que levaba unha viseira que lle tapaba o sol do día seguinte.

Unha inglesa, inglesa si, comentaba como o populista Boris Johnson poñíase peneque de whisky, no 10 de Downing Street. Contra a pandemia, brincadeira. O seu partido fíxolle  unha moción de censura por mentir. Por mentir, en España  fano predicador dos telexornais.

Pois si, o noso Emperador,  cor cetrino e queixal de titanio, segue en felonía esparexendo a súa toxicidade sobre todas as Institucións do Estado até deixalo en creba. Infame. Con fame ficará o País, dixo o noso glosador de sucesos.

Outra que falaba os sete falares terciou: alén de xuntarse cos insurrectos e cos filoterroristas,  colaboran ben os apaniguados e a zurda de silabario. E aínda asegundou:  para os mangantes e subvencionados   teñen que fritir a impostos á clase media, até que acaben con  ela.    

No medio e medio do furancho, sen dar unha fala, estaba Liz.

Eu bebía os ventos por ela. Ela bebía de chope da botella de godello en lías. Ambos os dous liados.

En chegando ao lusco fusco, habida conta de que os ingleses, malia seren ricos a fartar, mais cotrosos ao pagar, cavilei que o custo dos viños me deixaría a pan pedir, polo que lles dei sebo ás canelas e até daquela.  

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito!. Si, por suposto, gostei moito do desenrolo, da linguaxe e da xenerosidade do texto.

Anónimo dijo...

Máis, quen é "Liz"?

Balonga dijo...

Obrigado polo seu xeneroso comentario anónimo. Liz Hurley é a miña noiva no blogue, polo de agora.

Anónimo dijo...

Moi ben explicado o panorama político destas terras deixadas da man de Deus e do Diaño con esa verba túa, boa e xenerosa. Obrigado polo teu blogue.

Balonga dijo...

O meu recoñecemento polo teu comentario. O blogue fáltalle pouco para chegar ao centenario de entradas e despois os tempos son chegados . . .

Addenda/Adealla:
Moita ledicia me fixo atopar nun dicionario vello de "Ir Indo" a palabra apaniguados (mantidos7protexidos) co sentido de "paniaguados"/"hiperventilados" en castellano. Queiras que non, estes son cada vez máis, polo que cómpre empregar esta palabra con asiduidade.