Prebello, 4 de agosto 2025
https://www.youtube.com/watch?v=Q4nQzQt0fkM
Adeus ríos, adeus fontes. Amancio Prada
Adeus
Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea . . .
Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo.
Nacín en Prebello e vivín sete anos nel e setenta él en min.
Venme mallado o poema de Rosalía: adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos, adeus soutar destelos a embute das castañas verdiñas no ribazo dos Calangros, adeus debullar castañas de parede nas laregas das ouriceiras do souto do Sonaval para amozcalas nos magostos, adeus folgueiras de Dentabrú, adeus herbiñas do Chavasqueiro, adeus corticeira do Penedelo, adeus Canto da Arqueira onde meu tataravó escorrentou aos franceses ¡manaias a él!, adeus Manolo Uría (creador do blogue), adeus Maribel (que tamén foi a Comala), adeus Biblos.Clube e lectores onde melloramos o galego de petar na pataca. Adeus Tía Rudesinda. Aeus Adorada Liz. Adeus blogue .Adeus, para asempre adeus.
Gabriel García Márquez/Juan Rulfo/balonga

No hay comentarios:
Publicar un comentario