05 agosto 2006

REBAIXAS (2x1) na Lingua Galega


O Corte Inglés, os pastores con pucha e mantelo dos Ancares, a Comunidade de bardos "O galego a 1ª" e máis a Fundación "Tía Rudesinda"de Prebello, ofrécenlle REBAIXAS (2x1) na Lingua Galega.
Leve (2) palabras en galego x(1) en castelán. E os agasallos de balde. Anímese, con folgos! Azos Galiza!

dúas, dous x dos
escaleira, escada(de man) x escalera
sono (durmir), soño(no sono,fantasía) x sueño
marzo, marzal (de) x marzo
derradeiro (pechacancelas),último (posterior) x último
encol de (en contacto), sobre x sobre
quecer (entrar en calor), quentar x calentar
serea (muller/peixe),sirena (ambulancia) x sirena
Xulio (nome), Xullo (mes) x Julio
triunfo (vitoria), trunfo (baralla) x triunfo
xeral (habitual), xeneral(exército) x general
decote, sempre x siempre
encetar (cortar1º anaco), empezar x empezar
dedo (man), deda (pé) x dedo
seo (peito), seno (triángulo) x seno
pechar-ado, fechar-ado x cerrar-ado
espertar, acordar x despertar
xogar, estoucar x jugar
xota(danza), iota (letra) x jota
funil, embude x embudo
callos(xantar), calos(durezas na pel) x callos
resorte (espiral), peirao (embarcadoiro) x muelle
segredo (sust./de Estado), secreto (adx. /oculto) x secreto
saudade,señardade x añoranza
dirección (sentido),enderezo (domicilio) x dirección
fuches a aula? fun, non fun x sí,no
Galiza,Galicia x Noroeste
once,11 x ENCE

AGASALLOS:
Filloas x ?
freixons x ?
non si? x ?
non é? x?

Mais tía, ti toleas?, se fas tantos agasallos na Fundación, irmos ter de pedir esmola na rúa, aínda do Generalísimo. Mira sobriño, nesta vida non todo che son cartos!. Tamén temos unha alma hexemónica galega.
Non podo con ela! Sempre ten o as para o tres.

No hay comentarios: