Prebello
LOS JAIVAS.
En Madrid no ano 1980, Maribel e mais eu fomos ao concerto dos Jaivas.
O futuro de subxuntivo (FS)
O futuro de subxuntivo é un trazo definidor históricamente do galego e da calidade lingüística.
O (FS) expresa una acción futura e incerta. Manifesta un acontecemento posíbel no futuro, que pode ocorrer ou non, cuxa realización condiciona outra acción futura. Se mañá non for mal tempo (posíbel), daremos un paseo (futuro).
Nos verbos regulares e semiregulares o FS coincide co infinitivo conxugado (IC). No entanto nos verbos irregulares presenta un radical ou raiz coincidente co dos tempos de pretérito e discordante do IC.
Verbos regulares:
Cant ar: Antepretérito: cantara,aras,ara,aramos,arades,aran.
FS:cantar,ares,ar,armos,ardes,arenIC:cantar,ares,ar,armos,ardes,aren
Verbos irregulares:
Caber: Antepretérito:Coubera,eras,era,eramos,erades,eran
FS:couber,eres,er,ermos,erdes,eren IC:caber,eres,er,ermos,erdes,eren
Dar: Antepretérito: dera,as,a,amos,ades,an
FS: der,eres,er,ermos,erdes,eren IC:dar,ares,ar,armos,ardes,aren
Dicir: Antepretérito: dixera,eras,era,eramos,erades,eran
FS: dixer, eres,er,ermos,erdes,eren IC: dicir,ires,ir,irmos,irdes,iren
Ser: Antepretérito: fora,ras,ra,amos,ades,an
FS: for, res,r,formos,fordes,foren IC:ser,seres,r,ermos,erdes,eren
Estar: Antepretérito: estivera,as,a,amos,ades,eran
FS:estiver, eres,er,ermos,erdes,eren IC:estar,ares,ar,armos,ardes,aren
Facer: Antepretérido: fixera,as,a,amos,ades,eran
FS: fixer,eres,er,ermos,erdes,eren IC:facer,eres,er,ermos,erdes,eren
Ir: Antepretérito: fora,foras,fora,amos,ades,an
FS: for,fores,for, formos.fordes,foren IC: ir,ires,ir,irmos,irdes,iren
Haber: Antepretérito: houbera,as,a,amos,ades,eran
FS:houber,eres,er,ermos,erdes,eren IC:haber,eres,er,ermos,erdes,eren
Ter: Antepretérito: tivera,as,a,amos,ades,an
FS: tiver,eres,er,ermos,erdes,eren IC:ter,res,r,termos.terdes,teren
Ver: Antepretérito: vira,as,a,amos,ades,iran
FS: vir,vires,r,virmos,virdes,viren IC:ver,veres,r,vermos,verdes,veren
Vir: Antepretérito: viñera,ras,a,amos,ades,eran
FS: viñer,eres,er,ermos,erdes,eren IC:vir,vires,vir,virmos,virdes,viren
Pór: Antepretérito: puxera,as,a,amos,ades,eran
FS: puxer,eres,er,ermos,erdes,eren IC:pór,res,r,pormos,pordes,poren
Pracer: Antepretérito: prouguera,ras,a,amos,ades,eran
FS:prouguer,eres,er,ermos,erdes,erenIC:pracer,es,r,ermos,erdes,eren
Saber: Antepretérito: soubera,as,a,amos,ades,eran
FS:souber,eres,er,ermos,erdes,eren IC:saber,eres,er,ermos,erdes,eren
Traer: Antepretérito: trouxera,as,a,amos,ades,eran
FS:trouxer,eres,er,ermos,erdes,eren IC:traer,eres,er,ermos,erdes,eren
Querer: Antepretérito: quixera,as,a,amos,ades,eran
FS:quixer,eres,er,ermos,erdes,eren IC:querer,eres,er,ermos,erdes,eren
O FS está referido ao tempo futuro e só aparece en cláusulas dependientes que están en correlación cun verbo principal que estea en futuro indicativo, presente de indicativo ou subxuntivo e imperativo.
Debe considerarse prescritivo o seu uso nas cláusulas seguintes:
Nexo Exemplos
Condicionais:
se Chámame se chegares a tempo
salvo que/se Farei deporte sempre que puider.
excepto que/se Se quixerdes, vinde.
sempre que Se meu pai non me casar, para o
domingo que vén, voulle poñer
lume a casa e quéimolle canto ten
Adverbiais: cando Cando acabares as tarefas, saímos
(temporais) mentres,onde Onde houber una fonte, detente.
(modais) como, en canto Faino como vires.
logo que,así que Así que chegares, avísame.
así como,segundo Irei logo que cumprires a túa palabra
en canto,conforme Conforme acabaren, teñen que saír
De relativo: quen,que Quen trouxer un presente, pode pasar
todo/a, os/as Que veñan os que quixeren.
canto/a Virán os que puideren.
Expres.Fixas: como,o que Sexa como for, iremos ao cinema.
cal, onde Exixan ó que exixiren, non cedas.
(pres.subx.) Faga o que fixer.
Onde fores, fai como vires.
O FS é un trazo de estilo revelador dunha lingua de calidade de escritores e utentes.