13 marzo 2007

Vantaxes de deixar de fumar




Serrat. Cantares de A.Machado



Aos 24 minutos:A tensión arterial baixa o que sexa mester e a frecuencia cardíaca chega ao nivel axeitado.

As 24 horas (23 en Canarias):Xa non podes padecer ningún ataque de corazón.Ondia!

Paréceche pouco? Pois ás 48 horas: Melloran tanto o gusto e mailo cheiro, que xa poderás xantar unha arrozada cun albariño, godello ou ribeiro.

Aínda no é abondo? Logo dos 3 dias:A capacidade pulmonar medra abondo. Os bronquios reláxanse. Non gañarás ningunha carreira, mais xa podes comezar a quentar pra participar.

Recoiro!Queres máis? Estás insatisfeito? Antes dos 3 meses:O sangue xa che circula coma unha enxurrada polo corpo, e cando o sangue ferve ...

Como? Aínda así, atréveste a pedir máis, afoutado! Caracha!. Despois dos 3 meses: Mingua moito a tose e o afogo. Xa non cansas nin pra ir mercar A NOSA TERRA. Póste de bon ver. Se falta algún xogador de petanca, ofréceste voluntario, e se hai que saír por pernas, liscas a fume de carozo.

Máis? Ríndome! Quero morrer!. Porque non o deixaches antes, malpocado! Aos 10 anos: NON padeces cancro de: boca, larinxe, esófago, estómago, pulmón, bronquios, vexiga, ril, e páncreas.Nada máis un arrefriado, se botas a soneca sen taparte ben. Non morres. Os médicos van ao paro. Os herdeiros están desacougados, paganche unha viaxe a Irak. Soamente nos queda confiar no blindado empalagoso Gayoso, namentres, eu voume pra San Andrés de Teixido.

Nótula: Publicado tamén no Xornal.com 04/03/2007

1 comentario:

reineta dijo...

xDD
case case me convences