15 mayo 2008

Guía pra namorar os homes



https://www.youtube.com/watch?v=XNxMRKwcLJk
Los Brincos. Un sorbito de champán.

Hoxe en día, xa non abonda, con escoller un home da túa caste social, idade, beleza, enlevo, ideoloxía, inquedanzas, arelas de futuro etc e que che faga feeling/sensación, non ho!. Na new age/nova era, hai outros prototipos:

Un broker/axente, do show business/negocio do espactáculo, que polo día deixa o coche no parking/aparcadoiro, pra facer footing/correr cos walkman/auriculares antes de ir xantar un roast-beef/carne cos yuppies/executivos, e falar do marketing/mercadotecnia do holding/grupo e o seu leasing/arrendamento financeiro, sen handicaps/atrancos .Pola tarde despois de pasar polo bureau/oficina e botar un mailing/correo electrónico, porase o smoking/traxe de etiqueta pra ir a un cocktail /combinado de bebida cos vips/importantes da jet-set/sociedade da cidade, despois de saudar a public-relations/relacións públicas.

Áchase tamén o play-boy/mullereiro que se pon un after shave/tónico a manchea, pra recender sexy/sensual diante das mulleres no night-club/club de alterne, co leitmotiv/tema recorrente de chiscar con algunha vedette/artista principal do stripteease/espectáculo de nudismo e aumentar o seu ranking/lista de conquistas.

O terceiro modelo é un sexy boy/rapaz provocativo, que vai a discoteca a ollar videoclips/vídeos de curta duración, namentres oe os compacs discs/discos do disc-jockey/picadiscos de heavy/rock duro, e con glamour/encanto aumenta o seu share/ cota de pantalla, para engaiolar as mulleres que veñen de facer spots/anuncios con look/aspecto de ir os martes e os xoves facer gim-jazz ou aerobic/ximnasia, e despois un peeling/limpeza de cute pra subir o seu cachet/cotización e chegar a ser top-models/primeiras modelos, sen facer ningún lifting/estiramento.

A maior abastanza de tipos, atopamos o dandy/cabaleiro gourmet/gastrónomo, cun master/curso de posgrao de manager/director dun magazine/programa, que xanta amodiño un souffle/soprado e remata cunha mousse/crema batida, namentres cavila que, o artigo que escribiu chegará axiña,nun boom/estoupido a ser best-seller/éxito de ventas, no seu debut/estrea coma escritor, sen decatarse que xa o botarán ao cesto do lixo.

Se quizabes namentres parveas, chegaches lendo até eiqui, es case unha heroína, e podes levar agora, de oferta no Corte Inglés, un pack/paquete cos catro homes xuntos ou vivir a túa vida, na túa lingua, axudando a facer o teu País.

Apertas e chuchos a esgalla.

2 comentarios:

reineta dijo...

xDD diver-ti-da!!! eu sempre dixen que teño que atopar a un filólogo...(galego)... non pasarían estas cousas!

saúdos e un can pa ti tamén ló!

reineta dijo...

oye tú!! onde se che foi a inspirasión?¿?

grrr!!!


publícanos algo hombre yá!!


bikos