21 julio 2009

NORUEGA - NORGE - NORVEGA -
















Linguas de glaciar. Hainas en Buerbreen (glaciar de Buer) no Folgefona, Nigardsbreen, Supphellebreen, Boyabreen, Briksdalsbreen no Jostedalsbreen. Svartisen, Engenbreen no Svartisen.
Nótula: Calcar o rato dúas veces, pra agrandar as fotos.




Norvega ten unha superficie de 324.000 Km2. estendidos ao longo de 1.752 km e só 6 Km de largo na parte máis estreita. Percorrida pola mítica estrada E6, que cuns 3.000 km de longura, arinca de Malmo(Suecia) e chega até Kirkenes, na fronteira marítima con Rusia.

Os vikingos ou normandos, con pouca terra cultivábel, e grazas ás súas áxiles naves conqueriron e rapinaron as costas europeas cos daneses e suecos.
No ano 1.014 (quinta incursión na Galiza), Olaf Haraldsson, chegou ás costas galegas co mentes de acadar o que non puideron os seus devanceiros. Desembarcou no Miño e entrou na vila de Tui. Apresou ao bispo e fíxose dono da vila. Afonso V chegou daquela a estremadela do seu reino e obrigouno a fuxir. Olaf Haraldsson é coñecido na Historia coma San Olaf, patrón de Norvega, segundo nos di X.L. Laredo Verdejo.Despois das súas corricadas Olaf Haraldsson foi nomeado rei de Norvega unida pola Asemblea de Oeretingen no 1.016. No ano 1030 morreu, loitando contra o rei danés Canuto, na batalla de Stiklestad, e un ano despois fixérono santo, e enterrárono onde hoxe se atopa a catedral de Nidaros en Trondheim, na que se coroan os reis de Norvega.
Desde 1397 até 1814 estivo dominada por Suecia e Dinamarca. Dende 1814 foi asociada pola forza a Suecia e no 1905 independizouse dun xeito pacífico, e entronizou a Haakon VII.

Ten Norvega 4,7 millóns de habitantes, e un PIB per cápita de 41.420 dólares en comparanza cos 27.169 dólares que ten España , segundo datos do ano 2.008, do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento. Mais non sempre foi así. Na segunda metade do século XIX e comezo do XX, tivo unha porcentaxe do 10-15% de emigración aos EE.UU. Foi a aparición do petróleo no ano 1974, no mar do Norte (Stavanger), a principal causa da gran suba do seu nivel de vida. Cos seus cartos, xunto cun Estado Social adiantado, fixeron tamén elevadísimos investimentos en estradas, túneles e pontes.

Os norvegos son hospitalarios, ávidos lectores e moi nacionalistas. Abondos deles, teñen un mastro coa bandeira a carón da súa casa. Hai dúas linguas oficiais dende 1885, que se ensinan na escola: O bokmàl (lingua escrita) e o nynorsk (dialectos rexionais).
DANFeijoo el Reconquistador del Noroeste, na súa zunia por suprimir o galego, tería eiquí unha xeira dupla.











































Lagoas xeadas coa súa cor azul turquesa no comezo do desxeo(en xeral na 2ª quincena de xuño).Hainas en Dyrskar, Finnbufjellet (Vikfjellet=puerto de Vik),Strynfjellet (Grotli), Jotunheimen.
























Dalsnibba con 1.5oo m. e o sitio máis alto ao que se pode chegar en coche. No fondal o fiorde Geiranger, o máis visitado de Norvega.
 
Nusfjord. Patrimonio da Humanidade, nas Illas Lofoten. Nelas pode verse o "sol de medianoite" nas semanas próximas ao solsticio de verán, na praia de Ramberg (ideal), Utacliev, Eggum, Lauvik . . . Isto supon aforro de cartos e 4 días en comparanza co Cabo Norte, polo que medran moito as posibilidades de velo.
Adealla: premer o rato dúas veces pra agrandar as fotos.




2 comentarios:

Carmen Moraima dijo...

Balonga hermosas fotos y muy bien contada la reseña sobre Noruega, pero estuviste genial con la muestra de la colonización galega en Noruega esa bandera, me hizo acordar a la que pusieron los astronautas en la luna, bien rígida y que se vean los colores!!

Lili dijo...

Encántame o ben que se ve a bandeira con esas paisaxes de fondo, Noruega semella immpresionante, haberá que anotalo como destino iminente.
:)