27 noviembre 2009

DANFeijoo


(Foto do blogue acentos perdidos)
DANFeijoo.

Din as gramáticas da Academia que Feijoo é palabra grave rematada en vogal. No caso dos hiatos formados por dúas vogais abertas (a,e,o) iguais, é de aplicación a mesma regra nas palabras graves, polo que ao remataren en vogal, n, s ou ns, non levan acento gráfico coma voo, revoo,magoo (magoar),poboo(poboar), zoo, protozoo, loo, aldea, marea, balea, leo, terreo, nomeo, mareo, toleo.
Se é así como a Academia di, e ela di como é, como ela di, así é, e consonte con iso, toda a galeguidade acordamos:

1º) Sacarlle o acento gráfico a DANFeijoo. Isto non é unha cousa menor, pois contan os contiñeiros que Carlos V con unha coma, cambiou a sorte dalgún malpocado, ao asinar unha sentenza.
O documento dicía así: Perdón imposible, que cumpra a súa condena.
O Emperador trocou a coma de lugar e o texto mudou: Perdón, imposible que cumpra a súa condena.

2ª) Sacarlle a Xunta de Galicia a DANFeijoo, nun tempo próximo, aproximado. Isto non é unha cousa menor, pois contan os contacontos que non debe seguir presidindo a Xunta, quen aínda non víu no seu maxín, que segundo o Estatuto de Autonomía, "é galego quen quixer selo, sempre que non escriba en castelán". Mais, como escribir en galego?, se a política de zoinamoinas da dereita, lévao a creba. Nin o mesmiño ladroeiro americano Madoff puido roubarnos a lingua, e tenta conseguilo el, coa súa zunia por Reconquistar o Noroeste. HA!.


Adealla/Addenda:
Non o dixera iñantes, polo seu melismático nooon ao galego: DANFeijoo NONOQueroo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non lle deixaremos que nos roube a lingua, que a maior obra de arte dun pobo. Fora Feijoo e o seu monolingüismo. Antón.