05 agosto 2011

Estrato, Substrato, Superestrato e Adstrato


ESTRATO, SUBSTRATO, SUPERESTRATO E ADSTRATO.

ESTRATO. O estrato defínese como o conxunto de niveis lingüísticos que integran un idioma. A base estratística da lingua galega é o latin vulgar, traido polos romanos.



SUBSTRATO. Conforman o substrato os diferentes vestixios que as linguas nativas desaparecidas polo contacto dun idioma invasor deixaron. O substrato do galego tomou forma a partir das linguas de:

- Pobos preindoeuropeos (carrasco, carqueixa, queiruga), caucásicos (amorodo, coto, sobaco) e tirrénicos (lama, veiga).

-Pobos indoeuropeos (entre eles, os celtas) (Coruña, Barallobre, GALIZA, ameneiro, bidueiro e braña. Tamén braga, camisa ou cervexa.



SUPERESTRATO. O superestrato está constituido polas pegadas dos invasores, xermánicos (suevos) e árabes.

-Xermánicos: bandeira, esmagar, espada, espía, espeto, espora, frecha,gañar, gardar, guerra, helmo, laverca, luva, xabón, Castromil, Esposende, Gondomar, Guitiriz, Mondoñedo, Afonso, Alberte, Fernán, Gonzalo, Rodrigo. Tamén, rico, roupa, albergue, tregua, frecha, orgullo.

-Árabes: Almázcara, A Mezquita, Rábade,Sada, albanel, alcalde, alcohol, ALDEA, alfoz,oxalá xadrez,xinete, alfinete, alfombra, alforxa, almofada, aceite, acelga, alcachofa, algodón, arroba, arroz, azafrán, azucre, berenxena, laranxa, algortimo, alquimia, álxebra, cero, cifra; alcaide, almirante, alférez, alfándega, algazarra, alarido, alpendre, azotea. azulexo, tabique, almacén, barrio, aceña, nora, cifra, acimut, cénit, alicate, tambor, algodón, acetona, açorda, albóndega, regueifas.



ADSTRATO. Denomínase adstrato o contacto lingüístico superficial que, debido a contigüidade xeográfica, á coincidencia no tempo ou á influencia cultural, se estabelece entre dous idiomas; estes coexisten, influíndose mutuamente, mais non chegan a perder a súa autonomía. Na actualidade é o inglés.

LINGUA :                                        PRÉSTAMOS

Grego: Academia, alfabeto, anexo, apóstolo, arcanxo, arteria, bispo, cemiterio, demo, ditongo,eclipse, etimoloxía, evanxeo, fantástico, harmonía, héroe, hipoteca, igrexa, labirinto, mártir, matemáticas, melodía, mosteiro, océano, ortografía, parágrafo, parálise, poesía, ritmo, sinalefa, síncope, sintaxe, traxedia.

Linguas.Amerindias: Ananás, butaca, cacahuete, cacao, cacique, caimán, canoa, caoba, Caribe, coca, cóndor, chocolate, furacán, gaucho, pompa, pataca, piragua, tabaco, tomate, xícara…

Español: Bocadillo, caudillo, desaire, guerrilla, tortilla…

Catalán: Butifarra, capicúa, esquirol, forasteiro, alioli…

Éuscaro: Aquelarre, boina, chabola, chatarra, zamarra…

Francés: Acordeón, bacallau, bailar, bando banquete, bidé, billete, burocracia, chal, chanceler, complot, coronel, corsé, croqueta, dama, ducha, dique, filme, funil, gabardina, garaxe, hotel, mensaxe, mesón, pantalón, paté, pincel, reportaxe, restaurante, tarxeta, trovador, turista, xograr, xoia…

Italiano: Acuarela, bandido,batuta, cartón, deseñar, escorzo, consorcio, medalla, melodrama, modelo, nepotismo, novela, ópera, pallaso, partitura, piano, sonata, solista, soneto, tenor, terraza, vocalizar…

Inglés: Bisté, bote, boxeo, cheque, clube, snobismo, fútbol, gardacostas, gol, golf, iate, líder, mitin, monitor, norte, outsicer, penicilina, portavións, récord, rock, stop, teléfono, tenis, túnel…

Alemán: Búnquer, cobalto, cuarzo, níquel, obús, potasa, valse,zinc…

Ruso: Balalaica, perestroica, tsar …

Xaponés: Bonsai, gueixa, kamikaze, samurái…

No hay comentarios: