(Premer/calcar o rato dúas veces)
Roger Hodgson. School
Agora, ben preto da LELLO, na rúa Galería de Paris 20 atópase o comercio Brandos Costumes con dous andares cheos de "Antigos, genuinos e deliciosos produtos de criaçao portuguesa", http://www.avidaportuguesa.com/.
Pois ben entre as Conservas Tricana, a Ginginha Espinheira fundada por un galego en 1840,Cera Encerite, Sabonetes Confiança, Mantas dos pastores do Alentejo, Cobertores de Papa, Funilaria, o repertorio/almanaque Borda d´Água, Jogo do Piào e do Rapa,. . . atopei tamén unha ardósia.
A ardósia, recollida no dicionário de Alonso Estravís, é tamén coñecida como lousa escolar, de parede ou portátil. Esta lousa portátil ou pedra, é a que levábamos nos Ancares,sen latar ou facer a godalla, á escola dos mestres de tego, manaias a eles!. Nela escribiamos cun pizarro, as letras do silabario e os números para operar, até comezo dos anos sesenta,.
http://www.youtube.com/watch?v=F4Fmg5_Zo-o