07 septiembre 2012

Ardósia



(Premer/calcar o rato dúas veces)


Roger Hodgson. School

Hai anos, nunha visita a centenaria  e incomparábel Libraria LELLO, na rúa dos Carmelitas 144 de PORTO, merquei o Dicionário da Língua Galega de  Alonso Estravís.

Agora, ben preto da LELLO, na rúa Galería de Paris 20 atópase o comercio Brandos Costumes con dous andares cheos de "Antigos, genuinos e deliciosos produtos de criaçao portuguesa", http://www.avidaportuguesa.com/.

 Pois ben entre as Conservas Tricana, a Ginginha Espinheira fundada por un galego en 1840,Cera Encerite, Sabonetes Confiança, Mantas dos pastores do Alentejo,  Cobertores de Papa, Funilaria, o repertorio/almanaque Borda d´Água, Jogo do Piào e do Rapa,. . . atopei tamén unha ardósia.

A ardósia, recollida no dicionário de Alonso Estravís, é tamén coñecida como  lousa escolar, de parede ou portátil. Esta lousa portátil ou pedra, é a que levábamos nos Ancares,sen latar ou facer a godalla,  á escola dos mestres de tego, manaias a eles!. Nela escribiamos cun pizarro, as letras do silabario e os números para operar, até comezo dos anos sesenta,.
http://www.youtube.com/watch?v=F4Fmg5_Zo-o

1 comentario:

Xosé M. González dijo...

Eu tamén a usei, na capital da provincia, máis ou menos polo mesmo tempo que vde. di.