15 junio 2012

Nin @, nin e/ou








Los Pekenikes. Embustero y bailarín.

As palabras compóñense cos sons ou fonemas e estos coas letras ou grafías.

De ningún xeito podemos escribir “compañeir@s xornalist@s”, xa que o símbolo @ non é ningunha letra do abecedario.

O fin non xustifica os medios.

Non se pode escribir con símbolos “ €uro & $ólar”.

Nunha conversa como se vocalizaría amig@s?



Tampouco é correcta a parvada de e/ou.

Se na hora da parva, o camareiro nos di:  queren chocolate e/ou leite?

Estará a facermos 3 preguntas:

Se queremos chocolate;

Se queremos leite;

Se queremos ambos os dous, chocolate e leite.

O valor semántico de e, é combinatorio, e o de ou, alternativo ou disxuntivo.

Na fala real non hai construcions ambiguas, e moito menos a hora de parvear..


No hay comentarios: