02 marzo 2012

O expreso nocturno

Andrés Do Barro. O tren

O expreso nocturno.
Atopei o meu compartimento cinco minutos antes de que saíse o tren. Por sorte só unha das camas estaba ocupada ademais da miña, así que imaxineir que me esperaba unha noite tranquila. Xa había alguén deitado nela e, e debaixo da manta, que lle chegaba até o quixo, sobresaía un nariz pálido e bicudo.
Deixou de preocuparme tan pronto como dixen "Boa noite" e non recibín resposta ningunha. Moito mellor, iso significa que xa dorme e podo eludir as preguntas de cortesía. Sentei na litera de abaixo e comecei a espirme.
-Fuma? -chegoume a voz de arriba.
-Non fumo, grazas.
-Non soporto o fume.
-Pode estar tranquilo, non fumo.
-Pero se fumase non podería soportalo. Teño os pulmóns sensíbeis.
-Síntoo por vostede, pero non ten de que preocuparse.
-Quizais fuma pero o está deixando. Viralle gana de fumar no medio da noite e non poderá aguantar.
-Non, nunca fumei.
A voz calou- Quitei un carpín.
-Quizais decida empezar agora.
-O que?
-A fumar. Agúns empezan incluso a idades tardías.
-Non teño intención de facelo.
-Iso é o que se di, e logo o que se fai élle outra cousa.
E eu non podería soportalo.
-De todos os xeito non teño tabaco.
-Pero pode pedirllo ao revisor.
-Non sabemos se fuma.
-E se fuma?
-Nese caso sairía ao corredor. Non fumaría no compartimento.
-E se a porta se bloquea e non poden abrir?
-Non importa porque eu non fumo, nunca fumeir e non teño intencións de empezar. Boa noite.
Dixen "Boa noite" antes de tempo, pois aínda tiña a camisa e as cirolas, pero quería cortar a conversa.
Saíu ben, pero pouco tempo. Apenas conseguira quitar a camisa cando volveu falar:
-Non apaga a luz?
-Axiña, tan pronto como me ispa.
-Hai xente á que lle gusta ler antes de quedar durmida e entón eu non podo durmir. Son sensíbel á luz.
-Son analfabeto.
-Pode mirar as imaxes.
-Aquí non hai nada ilustrado.
-E fotos? Probabelment ten fotos da muller. Non as mira antes de quedar durmido?
-Estou separado.
-E os fillos?
-Non teño fillos.
-Todo o mundo ten algún parente.
-Non, non teño ningunha fotografía. Quere rexistrarme?
-Se non son unhas fotografías, seguro que vai querer mirar os grans no espello, ou algo . . . E eu non soporto . . .
Non rematou porque apaguei a luz. Suspirou e reinou o silencio. Eu xa ía quedar durmido cando aos meus oídos chegou outra pregunta:
-Vostede ronca?
-Non ronco.
-Por qué?
-Élle así.
-Que raro. Polo xeral todo o mundo ronca e a min moléstame. Teño os oídos hipersensíbeis.
-Síntoo, non podo axudalo.
-Está vostede seguro de que non ronca?
-Totalmente. E agora se mo permite vou durmir, estou moi canso.
Permitiumo. Espertoume unha luz intensa e uns tiróns no brazo.
-Señor, señor!
Divisei o seu nariz bicudo xusto diante da miña cara. Asomado cara abaixo dende a súa litera, tirábame da manga do pixama.
-Señor, se vostede non fuma, non ronca e non deixa a luz acesa, entón, que é o que fai vostede exactamente?
-Quere sabelo? 
-Si!. Ten que haber algu que vostede faga, o que pasa é que aínda non sei o que. Iso prodúceme tanta inquietude que non podo durmir.
-Afogo.
-Que é o que fai?
-Afogo. Coas miñas propias mans ou coa axuda dunha corda. Non oíu vostede falar do famoso Estrangulador do Expreso Nocturno?. Adoita viaxar nesta liña. Compra o billete para o coche cama coma un pasaxeiro inocente calquera e pola noite afoga. Naturalmente faino de mellor grado cando  no compartimento non hai ninguén máis á parte del e a vítima. É un dexenerado e, ese dexenerado, son eu.
Estiven tranquilo até a mañá. Cando ao abrente saín para ir ao aseo, atopeino no corredor, co abrigo e a maleta. Pasou a noite sentado na maleta. Cando me viu ergueuse e, arrastando a maleta tras de si, afastouse cara ao outro extremo do corredor.
Deume pena, non é fácil a vida do home sensíbel. 

Nótula: Nada mellor, que este relato do escritor polaco Stawomir Mrozek (O prezo da fama), para celebrar o sexto aniversario deste blogue, pois o sentido da chanza, alén de compartido é un tesouro que nin os zoinamoinas da Igrexa-PP nos poden recortar.    

No hay comentarios: