08 febrero 2012

RENDA BÁSICA




Paco Ibáñez. Don Dinero

No ano 1995 o galego José Iglesias Fernández daba a coñecer en España, o concepto de Renda Básica, como mecanismo eficaz de recoñecemento dos dereitos humanos, da participación cidadá e da redistribución da renda.


A etapa da globalización capitalista, en nome do conservadurismo democrático, da socialdemocracia e do centro, están impondo políticas neoliberais en todo o mundo. Políticas conservadoras que materializan os seguintes obxectivos:

A desregulación total do mercado de traballo e a liberalización total do mercado de capitais.
A diminución do gasto en pensións, no subsidio de desemprego e no resto das prestacións do Estado do benestar.
A paulatina implantación dun sistema fiscal regresivo.
A privatización da educación, a sanidade e os servizos sociais do sector público, para que o capitalismo poida ampliar aquelas áreas susceptibles de cuantiosos beneficios.
Ou sexa: favorecer os intereses da burguesía capitalista e eliminar os do proletariado dependente do traballo.

O modelo de Renda Básica queda definido con cinco características:
a) Proporciónase a toda a poboación, unha parte de xeito personalizado.
b) A suma a percibir por cada persoa é a mesma.
c) A contía por persoa será igual á definida como limiar da pobreza.
d) Substitúe ás demais prestacións (pensións, subsidios, subvencións, axudas, etc)
e) O importe total da RB divídese en dúas partes, unha parte percibirana directamente as persoas e a outra dedicaráse aos investimentos de carácter colectivo (Sanidade. Educación, vivenda, transportes, medio ambiente, etc.). As achegas dedicadas ás necesidades colectivas responden ás finalidades de priorizar o uso dos bens públicos fronte ao individualismo e a instituir a participación da cidadanía nas decisións da asignación dos recursos.

Viabilidade financeira: poboación beneficiaria, custo e financiamento.

O Estado debe conseguir o consenso social e os fondos necesarios para esta operación de redistribución da riqueza. Para a súa implantación pode valorar a incorporación nunha primeira fase dos colectivos de cidadáns máis desfavorecidos e nas fases seguintes o resto.

Os recursos para implantar a RB existen, xa que a proposta consiste en garantir o limiar da pobreza (340 euros en 1995 para España), equivalente segundo a Unión Europea á metade da renda per cápita obtida. Para reasignar estos recursos cómpre:
Un.
A) Teríanse que reorientar cara á RB algunhas partidas do gasto público, que achegarían o 5% do PIB.como, 
A promoción de emprego e protección social, de burocracia e ineficacia probadas.
O orzamento destinado a Forzas e Corpos de Reserva para unha ameaza cidadá.
As transferencias asistenciais a Organismos xa que serían substituídas pola RB.

B) A subvencións ás empresas privadas irían á RB o que supón o 4 % do PIB.
A fraude fiscal valorado polo Instituto de Estudos Fiscais no 5,5 %.do PIB.
As débedas das empresas en impostos pendentes de pago, un 3 % do PIB.

C) Outras fontes: Financiamento da pequena empresa, PER, plans de defensa e seguridade, exencións fiscais a institucións de crédito, construción de búnqueres , déficits de medios de Comunicación, financiamento da Igrexa así como do seu patrimonio, etc.

Dous.
A creación da Taxa Tobin ás transaccións monetarias internacionais.
A ecotasa á actividade turística.
Gravame aos ingresos atípicos dos famosos, deportistas de elite etc.


A RB é un instrumento de participación e transformación política. Ademais de defender a redistribución estatal da riqueza dos ricos aos pobres, opónse á degradación das condicións de vida da globalización económica. Mellora as posibilidades de desenvolvemento das mulleres ao facer posible a súa independencia económica.

A RB é incompatíbel cun modelo productivista sen concesións, que busca a produción pola produción, sen atender á necesidade da devandita produción, nin ao seu impacto ecolóxico e social.

A RB busca transformar a realidade cara a un novo modelo de relacións sociais e económicas en que o mercado adopte un papel secundario, converténdose as persoas no centro e eixo da acción social, política e cultural.

No hay comentarios: