15 noviembre 2012

Adorada Liz (III)

                                                                                               Liz na Galiza

http://www.youtube.com/watch?v=Fxe7aD5tTa8
Foi coma un soño. Antón Seoane.


. . . isto tiña de seguir doutro xeito.

Aquel  lambido comicucho, pode que do PP, zoinamoinas por unha banda/talabarte pola outra, deixou a farándula, pois ofrecéronlle a Xerencia da empresa Tollemerendas ou  Quitamerendas. Aínda está a cavilar cal  escoller.

Deste xeito, Liz e máis eu fomos a un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, con obras de Pascual Veiga, Juan Montes, Melchor López, Andres Gaos, Gregorio Baudet e Antonio Roel del Rio.

Cústalles traducir "Negra sobmbra que me asombras" a outras linguas, dixen para engaiolala, namentres ela miraba os espectadores. Fíxena boa!, pois comezou e non calou:
Hai uns que concentran a súa atención inquieta na orquestra, e que sofren como se os músicos estivesen a piques de se equivocaren. Poñen cara de grandes coñecedores, e cun xesto da man ou cantaruxando en voz baixísima algunha pasaxe coñecida, inculcan nos veciños o seu gran coñecemento musical. Hai outros que escoitan con hunildade. Avergoñados, non saben que facer coas mans. Están moi pendentes da hora do aplauso, vixían a súa respiración e mortifícanse cada vez que a un descoñecido se lle ocorre soarse, tusir ou aplaudir a destempo. Os demais están moi conscientes da súa humanidade, preocupados polo seu menor xesto, a prega ou a engurra do seu vestido. De cando en vez alguén abandónase aos seus impulsos. Co rostro en éxtase, os ollos pechados e os buratiños do nariz moi abertos, entrégase a Deus sabe que delicias . . .
"Bravo". "Bravísimo".
O público atronou o Auditorio cos seus aplausos,  eu levitaba enfeitizado, o meu amor por ela era máis do que moito.

Unha tempada despois, a desluada xuiza María Parva Raída, preguntou: copiou vostede a Elena Poniatowska?
"Todo foi un infeliz desliz", contestou con xuizoso xuizo, a miña adorada Liz.

No hay comentarios: