27 octubre 2014

Geraldo, sen apelido

                                                            Emigrantes
http://www.youtube.com/watch?v=lRTSzn-ndec
Clara Montes
Letre e música: Mikel Snal

Coñeceuno nun baile. Tamén era guapo, e novo. Dixo que traballaba nun restaurante, pero non lembra cal. Geraldo. Iso é todo. Pantalón verde e camisa de sábado. Geraldo. Iso lle dixo.
   E como ía saber ela que sería a última en velo con vida. Un accidente, non o sabías?. Atropelárono e fuxiron. Mariola vai a todos eses bailes.  Ao Uptown.
 Ao Logan. Ao Embassy. Ao Palmer. Ao Aragón. Ao Fontana. Ao Faquís. Ao Navia. 
 Ao Suarna. Gústalle bailar. Sabe bailar cumbias, salsas e incluso rancheras. E el só era alguén que bailara con ela. Alguén que coñecera esa noite. E así.
   Iso é todo. Iso foi o que contoou unha e outra vez. Unha vez á xente do hospital e dúas a policía. Sen enderezo. Sen apelido. Nada nos petos. Non é unha mágoa?.
Só que Mariola non pode explicar por que se molestou horas e horas, por alguén a quen nin sequera coñecía. A sala de urxencias do hospital. Ninguén, agás un interno traballando só. E ao mellor, se o ciruxán chegase, se el non perdese tanto sangue, se o ciruxán chegase saberían a quen avisar e onde.
   Pero que importa? Non era nada seu. Non era o seu mozo nin nada parecido. Só outro inmigrante que non sabía falar inglés. Só outro lombo mollado. Xa sabedes como son. Eses que sempre parecen avergoñados. E ademáis que facía Mariola -a quen mandaron para a casa co seu abrigo e unhas aspirinas- ás tres de mañá na rúa?. Como o esplica?.
   Coñeceuno nun baile. Geraldo, coa camisa brillante e o pantalón verde. Geraldo ía a un baile.
   Iso que importa?.
   Eles non viron as minicociñas, nunca souberon dos pisos de dúas pezas nin dos cuartos que alugaba para durmir, dos cartos que mandaba á casa cada semana, do cambio de moeda. Como o ían saber?.
   Chamábase Geraldo. E o seu fogar está noutro país. Aqueles aos que deixou atrás están moi lonxe e faranse preguntas, encolleranse de ombros, lembrarano. Geraldo, marchou ao norte... nunca máis soubemos del.

Sandra Cisneros na casa de Mango Street.

No hay comentarios: