PREIKESTOLEN (Stavanger/NORVEGA).
https://www.youtube.com/watch?v=uJ1ynTMUj0cCARLOS NÚÑEZ & THE CHIEFTAINS. Alborada de Veiga/Muiñeira de Chantada.
Lista de MODISMOS
a cal y canto loc. adv. Expresión coa que se indica a acción de pechar, encerrar ou encerrarse nun local; realízase coa intención de que ninguén poida entrar (ou saír, se hai alguén dentro): baixo sete chaves, totalmente, solidamente, fortemente. Atutxa dixo que neste momento está solidamente pechada a negociación.
a cal y canto loc. adv. Expresión coa que se indica a acción de pechar, encerrar ou encerrarse nun local; realízase coa intención de que ninguén poida entrar (ou saír, se hai alguén dentro): baixo sete chaves, totalmente, solidamente, fortemente. Atutxa dixo que neste momento está solidamente pechada a negociación.
a capa y espada loc. adv.
fig. Patrocinar, defender algo sexa como sexa: con uñas e dentes, contra vento
e marea. Os deputados defenderon
con uñas e dentes o seu escano.
a cargo de loc. prep. Indícase que algo está confiado ó coidado dunha
persoa: a cargo de, ó coidado de, á conta de, a expensas de, por conta de. EEUU pretende que dos 35.000 millóns de
dólares, só 2000 millóns corran a cargo de Wáshington.
a causa de loc. prep. Polo motivo que se
indica: a causa de, por causa de, por cousa de, por mor de. A operación que permitiu desarticular este
comando legal iniciouse por mor da caída dos últimos comandos Biscaia, a finais
do pasado mes de setembro. / Por calquera perda que se produza no gando a causa
dos lobos.
a cielo abierto loc. adv. Sen teito nin cobertura ningunha: a ceo
descuberto, á intemperie, ó descuberto, a ceo aberto. ....deixaron a ceo aberto as súas
costelas....
a costa de, loc. prep. Co traballo,
fatiga ou dispendio causado por algunha cousa. A expensas de, por conta de: a conta de, por conta de, a poder de, a
forza de. Logrou acadar un lugar no
mundo rosa a poder de saír e sarír nos medios de comunicación. / Os gastos de
aloxamento serán por conta da empresa .
a dentelladas loc. adv. Cos dentes. Úsase
cos verbos morder, ferir, romper, etc.: cos dentes, ás dentadas, a dentadas. Ás dentadas ou como fose, nesa situación só
contaba defenderse.
a destajo loc. adv. Por un tanto. Aplícase cando se dá unha obra
axustada en certa cantidade. Con empeño, sen descanso e de présa para concluír
pronto: por trato, a
obra feita, a traballo feito, sen parar, sen descanso, arreo. Unha rede albanesa obrigábaos a traballar
sen descanso en condicións infrahumanas por 200 pesetas á hora.
a favor de loc. prep. En beneficio e utilidade de alguén, coa axuda de: a
favor de, a prol de, en beneficio de. Celso Currás efectuou esta afirmación cando lle preguntaron os
xornalistas sobre o posicionamento do Valedor do Pobo a favor dun novo plan
plurianual... / As medidas anunciadas a prol dunha explotación sostible do
ourizo... / A transmisión das concesións foi a favor da empresa El Baturro, S.L....
a fe que loc. adv. De verdade: con seguridade, de seguro, abofé. Claro que deles depende o poñer máis
nerviosos aínda o Barcelona e o Real Madrid, e de seguro que o conseguirían con
éxito en Cantabria.
a fin de cuentas loc. adv. En resumo, para concluír: a final de contas, a fin de
contas. O pouco interese que os
partidos da oposición amosaron por estas eleccións non é, a final de contas,
máis có fiel reflexo do que pensa o home da rúa....
a fin de loc. conx. Valor final, con obxecto de, para: a fin de, co fin de. O pouco interese que os partidos da
oposición amosaron por estas eleccións non é co fin de se achegar máis ó que
pensa o pobo.
Salir a flote loc. adv. Flotando, e de maneira figurada a salvo, fóra de
perigo, dificultade ou apuro. A expresión “salir a flote” tradúcese por: saír
do paso, saír dela, saír á superficie. Estivemos en peores situacións e saímos delas.
a la altura de loc. prep. Nas proximidades, ó mesmo nivel: á
altura de, ó nivel de. O
Executivo europeo tamén propón crear outra zona de veda á altura de Bretaña, en
Francia, anque....
a la cabeza loc. adv. Diante, en primeiro lugar: á cabeza. Sogama, co plan de residuos á cabeza, será
un dos motivos recorrentes para a anatema....
a la chita callando loc. adv. Caladamente, con disimulo: sen facer ruído, caladiño (coma
un peto), ás caladas. Empolícanse
a postos de poder sen facer ruído / caladiños coma petos.
a la deriva loc. adv. No mar, referido a embarcacións ou obxectos
flotantes, a mercé da corrente ou do vento. En sentido figurado: sen dirección
ou propósito fixo, a mercé das circunstancias: á deriva, sen rumbo, ó garete. Remolcado un pesqueiro á deriva no medio do
temporal. / Un pesqueiro foi remolcado onte pola mañá tras quedar á deriva con
catro tripulantes. / A situación á deriva dese partido traerá moitos problemas.
a la disposición de loc prep.
Estar ou atoparse, unha persoa ou cousa, apta e pronta para algún fin.
Expresión de cortesía con que unha persoa se ofrece a outra: á
disposición de, ó dispor de. A
organización de Vivenda 2000 destaca que o número de expositores que acudirán a
este primeiro certame é dun centenar, que porán a disposición dos visitantes a....
a la larga loc. adv. Pasado moito tempo. Lentamente, pouco a pouco.
Difusión, con extensión: co tempo, a longo prazo. Co tempo terán que achega‑las súas posturas
hoxe enfrontadas.
a la par loc. adv. Xuntamente, a un tempo. Con semellanza ou
igualdade: á par, a dúo, á vez, tan... como. Cantan á par para coordinaren mellor as voces. / ... e que a súa
interpretación da entrevista de Touriño con Fraga é, á par que interesada,
demagóxica, e oculta as causas que provocan esas críticas.
a la postre, a postre loc.
adv. Á fin, ó
último: ó cabo, á fin, ó final, posteriormente. Tras dúas horas de intensas reunións acordaron, ó final, resolve‑las
diferencias....
a las claras, a la clara loc. adv. Evidente, manifesta e publicamente: ás
claras, abertamente. ...pero que
nunca escoitaramos tan ás claras: os cartos para facer máis eficaz a Sanidade
pública sairán do peto dos contribuíntes.
a las tantas loc. adv. Tarde especialmente, á noite: ás tantas. Hoxe a xuventude chega ás tantas porque....
a lo largo de loc. prep. Durante: ó longo de, durante, en (todo). Ó longo desta visita tamén se presentaron
algunhas gravacións en vídeo realizadas pola Garda Civil... / O bosque como
metáfora do quefacer literario impregnou as palabras da escritora ó longo do
seu discurso.
a los pies de uno loc. adv. Úsase cos verbos estar, quedar ou poñer expresos ou sobreentendidos: ó
seu pé, ó seu carón, á súa beira. Procuro
sentar ó seu pé e recito para o meu ámago aquel verso....
a manos de loc. prep. Indica o axente: por
causa de. Clavet e Portas
quedaron apeados en segunda rolda, o primeiro por causa do estadounidense Todd
Martin por 3‑6, 6‑1 e 7‑6.
a medida que loc.
conx. Ó mesmo tempo
que, ó paso que, ó tempo que: a medida que, segundo, conforme. A medida que pasaban os minutos era máis
evidente o dominio local.
a menudo loc. adv. Moitas veces, frecuentemente e con continuación: a
miúdo, a diario, diariamente, decote, sempre, a cotío. Segundo as palabras dunha veciña discutían a
miúdo....
a merced de loc. prep. Sen salario coñecido, a vontade dun señor ou amo.
Úsase cos verbos estar, ir, servir, vir...:
a
mercé de. ...tamén os houbo que
quedaron a mercé do único que sabían facer....
a muerte loc. adv. Ata consegui‑la morte ou a destrucción dunha das
partes. Implacablemente, con ferocidade. Úsase con verbos como odiar, aborrecer..: a morte, a matar, con forza, con
afán. Por causa dese partido
ódianse a matar. / O enfrontamento foi a morte aínda que un dos animais se
salvou.
a nivel de loc.
prep. Nun plano
horizontal a algo: a nivel de, ó nivel de (cando se refire á altura), no ámbito de, a
escala de, adverbios en ‑mente. Unha
vez situados ó nivel do mar as temperaturas subiron. / A campaña municipal
quedou ó nivel da campaña autonómica./ No ámbito das distintas campañas
autonómicas situáronse varias propostas de normalización.
a pesar de loc. conx. concesiva. Contra a vontade ou gusto das persoas e por
extensión contra a forza ou resistencia das cousas. Pide a preposición “de”
cando a voz que inmediatamente lle segue non é un pronome posesivo; como sexa,
a pesar de tódolos obstáculos ou danos resultantes: a pesar de, malia, non obstante.
Nunca logrou grandes éxitos
comerciais, agás no “Crime de Cuenca”,
publicitado polos seus problemas coa censura, e a pesar de rodar unha obra
mestra da transición democrática, “Gary Cooper que estás nos ceos” ...
a raíz de loc. adv. fig. Con proximidade, inmediatamente despois, por
causa de: por mor de. A Comisión
Europea proporá, mañá mércores, unha suavización de embargo imposto ás
exportacións de vacún británico por mor da crise das “vacas tolas” /
...declarou onte que as insinuacións de cambia‑la lei electoral por mor do
ascenso do nacionalismo en Galicia....
a raya loc. adv. Dentro dos xustos límites. Úsase case sempre cos
verbos ter, poñer e manter: a
raia, a distancia, á parte, baixo control. Unicaja... que, sen embargo, mantivo a distancia o actual campión da
liga.
a regañadientes loc. adv. Con disgusto ou repugnancia para facer unha cousa:
de
mala gana, a contragusto, sen querer. E se asiste, outra de area: terá que asumir anque sexa de mala gana, o
que a cidade de Compostela lle outorgou.
a renglón seguido loc. adv. fam. e fig. A continuación, inmediatamente: de
seguido, a continuación. De
seguido informaron para desmenti‑lo suceso.
a simple vista, loc. adv. Lixeiramente e de
paso no recoñecemento dunha cousa. Para significa‑la facilidade de aprender ou
de recoñece‑las cousas: á primeira vista, a simple vista, á primeira
ollada, de primeiras. Parecía, á
primeira vista, un partido con vantaxe local definida desde o comezo pero....
a toda costa loc. adv. Sen limitación no gasto ou no traballo: como
sexa, custe o que custe, sexa como sexa, sexa como for. Sexa como sexa queren vencer neste
campionato.
a todas luces
loc. adv. fig. Por
tódalas partes, de tódolos modos, de tódolos xeitos: ás claras, nidiamente,
evidentemente, claramente, sen dúbida. Un xesto desas características denota claramente a falta de tacto do
adestrador.
a todo trance loc. adv. Resoltamente, sen reparar en riscos: por
forza, sexa como sexa. Pretenden
sexa como sexa gaña‑lo partido, sen lles importaren as comparacións....
a través de loc. adv. Denota que algo pasa dun lado a outro. Por entre,
fig. por intermedio de: a través de, por medio de. O po que circula a través do conducto do
aire acondicionado provoca múltiples alerxias... / Para acada‑las devanditas
bolsas, os alumnos terán que demostrar, a través dun certificado... / Así,
sinalaron que a través dunha auditoría interna....
a vueltas con algo loc. adv. Usalo con insistencia sempre: ás voltas con algo. Berta Álvarez Cáccamo anda ás voltas co
tempo e non só porque prepare un catálogo cos seus últimos oito anos de
relación coa pintura ou porque....
aguas menores loc. subst. Os ouriños: augas menores. ... pediuse con urxencia de augas menores a reforma da lei electoral,
que supón a conseguinte corrección constitucional .
al acecho (estar) loc. adv. Observando e mirando ás agochadas e con coidado: ó axexo, á espreita, ó vixío. Pasa a vida ó vixío e de aquí para alí....
al calor de loc. prep. fig. Ó amparo e coa axuda de: ó abeiro, ó amparo. As vendas aumentaron ó abeiro dos bos
prezos.
al fin y al cabo, al fin y a la postre, al fin loc.
adv. Por último,
despois de vencidos os obstáculos, argumento que reforza unha afirmación
anterior: á fin e ó cabo, ó fin e ó cabo. Porque á fin e ó cabo non conseguirían nada se non fose polo pacto.
al frente de loc. prep. Ó mando de algo ou de alguén: á fronte de. Currás asegurou que aínda descoñece se
seguirá á fronte da Consellería de Educación. / Sen embargo, a Delegación do
Goberno en Asturias, á fronte da cal está....
al lado de loc. adv. Moi preto, inmediato: ó lado de, a carón de, á beira de, ó pé de, cabo (de). Pinturas e debuxos sobre manteis bordados nos que o barroco e as
vanitas desfilan a carón dun romanticismo vehemente e obsesivo.
al margen de loc. adv. Indica que unha persoa ou cousa non ten
intervención no asunto de que se trata. Únese cos verbos estar, quedar e outros
de significado análogo: á marxe de, na marxe de, fóra de. Este ano decidiu situarse na marxe das
novas....
al por menor loc. adx. Úsase cando as cousas non se venden por xunto: polo miúdo, ó detalle, ó detallo. A maioría dos expositores, en total 72,
proceden do comercio especializado
polo miúdo, anque tamén están presentes distribuidores, fabricantes e artesáns.
al respecto loc. adv. A proporción, a correspondencia, respectivamente: respecto
de, no tocante, en canto a, respecto diso, verbo diso, consonte a iso,
conforme. Días atrás o deputado
do Bloque no Congreso, Francisco Rodríguez, realizou unha pregunta
parlamentaria respecto diso, na que interpreta... / Respecto diso, de Palacio
dixo que non permitirá que se vulneren os principios de liberdade de capital e
da empresa na UE.
al rojo vivo ( estar, poñerse ) loc.
adv. fig. Moi exaltadas as paixóns: ardendo,
candente, ó tope, tensa, moi inestable. Michael Jordan continuou incandescente ó anotar 34 puntos./ Os Jazz de
Utah continuaron ó tope como locais ó saca‑la décimo terceira victoria dos
últimos catorce partidos.
al socaire, fr. fig. fam. Ó amparo de, baixo a protección de: ó abeiro, ó amparo, ó abrigo. E ó abeiro de todo iso, prodúcese a
dilapidación de denarios públicos e o enriquecemento duns e doutros da maneira
máis impune.
alrededor de loc. adv. Cando precede a unha expresión númerica ten o
valor de aproximadamente, pouco máis ou menos, como frase preposicional adquire
o valor de rodear en círculo: arredor de, ó redor de, sobre duns/dunhas,
case, pouco máis ou menos, na volta de. ... valor que en primeira venda supón arredor de 70 millóns de pesetas.
/ A 34.000 pesetas diarias no Arquitecto Marcide de Ferrol e arredor das
100.000 ptas. no Hospital Xeral de Galicia... / Semellaba que intentaba
conseguir algo, por iso non facía máis que estar ó seu redor.
andar de capa caída fr. fig. fam. Padecer gran decadencia en bens, fortuna
ou saúde: (algo ou alguén) anda mal, ir mal, ir a peor, andar decaído, andar baixo
de moral. Os seus escasos paseos
polo Palacio da Moncloa indican que algo anda mal.
andar uno a vueltas con, para o sobre unha cousa fr. Estar dubidoso, abraiado ou poñendo tódolos medios
para coñecela ou executala: andar ás voltas con algo, andar dándolle
voltas a algo. Un volve andar a
voltas coa historia máis recente cando....
andarse con rodeos loc. adv. Maneira indirecta ou medio non habitual empregado
para facer algunha cousa co fin de eludi‑las dificultades que presenta: andar
con voltas. Cando é negativa equivale a: non andar con contemplacións,
actuar sen contemplacións, non ter papas na boca, dici‑las cousas directamente.
O subdirector de O Correo Galego,
Caetano Díaz, non se andou con voltas e as enquisas demostrábano:...
armarse de valor, fr. Coller forzas para acometer algo: coller
folgos, coller azos, coller ánimo. Veña,
colle folgos e despois remata a lección; por colleres azos non quere dicir que
sexas quen de facelo; despois de coller ánimos coa túa charla, vou empeza‑la
tarefa.
arrimar el ascua a su misma sardina fr. fig. Aproveitar para o que lle interesa ou importa
a ocasión ou conxuntura que se ofrece: loitar por unha mesma cousa, mirar polo
mesmo, varrer para a casa, leva‑la auga cara ó seu muíño, varrer para a casa. Son 26 homes que loitan por unha mesma
cousa.
arrimarse al sol que más calienta fr. fig., servir e adula‑lo máis poderoso: arrimarse
ó sol que máis quenta, arrimarse ós grandes.. Pero o socialismo galego
está pragado de voces paralelas e sempre en estado de alerta para face‑la
mudanza cara ó sol que máis quenta, con tal de non perde‑los seus privilexios.
bajar la cabeza
fr. fig. Obedecer e
executar sen réplica o que se manda: baixa‑la cabeza, agacha‑la cabeza, abaixa‑la
cabeza. Se segue xogando dese
xeito non lle quedará máis remedio que baixa‑la cabeza e por suposto non volver
facer comentarios fóra de lugar.
bajo prep. Debajo de. Con frecuencia úsase incorrectamente para ocupar valores
doutras preposicións e que non lle corresponden, cómpre neses casos substituíla
pola preposición que lle corresponda: baixo, so, con, por, desde, sobre. Hai unha competencia feroz polo mal gusto,
co pretexto dos “picos” de audiencia.
barrer hacia o para dentro fr. Comportarse interesadamente. Face‑lo posible para
que os criterios de alguén saian adiante ou para que os demais acepten as súas
opinións: varrer para a casa. Moito
varre para a casa, a pesar de que ten xa case tódalas opinións ó seu favor.
buscar(se) la vida fr. Emprega‑los medios conducentes para adquiri‑lo mantemento e o demais
necesario: apañarse, gobernarse. Así
que cada barón galego se gobernou por onde puido, aliándose cos homes fortes...
cabeza de chorlito loc. subst. fig. fam. Ignorar
ou mostrarse inconsciente ante unha situación determinada. cabeza tola, cabeza de vento,
cabeza torda. Interpreta a un
mozo, cabeza de vento que pasa a vida nas
carreiras de coches.
caer por su propio peso fr. fig. Ser
obvio: Caer de seu, caer só, correr polo seu peso. A teoría non tardará en caer de seu.
caer(se) muerto de risa fr. Empréguese para pondera‑la suma ledicia: esmendrellarse,
morrer coa risa, partirse de risa. Morría
coa risa, esa era a expresión da súa cara.
cara a loc.
prep. Mirando en
dirección. Ante, con vistas a: cara a, de cara a. Segundo os palestinos, as esixencias
israelís sobre seguridade obstaculizaron o avance cara a resultados concretos
por parte das comisións encargadas da aplicación de acordos de autonomía....
cargar las tintas fr. Insistir: destacar,
subliñar, centrar, facer fincapé, insistir. Alfaya non ten medo de aborda‑la morte, nin a sida, ... contállelo ós
nenos, ós maiores de once anos, sempre facendo fincapé na esperanza e fuxindo
do dramatismo.
chivo expiatorio fr. fig. O que apanda coas culpas: víctima
expiatoria, cabeza de turco. Referiuse
tamén á polémica creada ó redor da Ertzaintza e dixo que “é intencionada e
inxusta”, polo que avogou por “non perde‑la calma e buscar víctimas
expiatorias”.
cien por cien loc. adv. Na súa totalidade, do principio á fin: cento por cento, cen por cento. ... non existe un modelo universalmente válido que permita garantirlle
a un enfermo mental unha liberdade de autonomía cen por cento segura.
codo con codo, codo a codo, loc.
adv. Referido a
persoas, unhas xunto a outras en compañía ou cooperación. Utilízase referido a
cousas figuradamente: á beira de, ó pé de, relacionarse con,
alternar con, xuntos, en equipo. Tamén
traballará á beira do que desde o ano 1997 é presidente do Celta. / José Manuel
Beiras, que xa comeza a ser coñecido nos corredores de Bruxelas, alterna xa con
algúns líderes....
coger el toro por los cuernos fr. fig.
Enfrontarse resoltamente cunha dificultade: collelas como veñan, botarse de
peito, botarse de cabeza. A mesa
de Ajuria Enea está disposta a collelas como veñan: a toma‑la iniciativa....
con arreglo a loc. prep. Conforme, segundo: de acordo con, conforme, segundo.
... elaborarase de acordo coas novas
bases da Televisión Digital....
con cargo a loc. prep. A cargo de, a expensas de: con cargo a. ... e o aboamento das obras con cargo ás
arcas municipais...
con respecto a, respecto a, respecto de loc.
adv.
Respectivamente: con respecto a, respecto de, a respecto de, no tocante a, no que atinxe
a. A ocupación hostaleira da
comunidade galega durante o mes de setembro subiu dous puntos con respecto ó
mesmo período do ano pasado. / ... o que supón un lixeiro aumento respecto do
ano anterior. / Con respecto a este litixio, o concelleiro de urbanismo... /
Respecto dos investimentos crediticios brutos....
con vistas a loc. prep. Coa finalidade de, co propósito de: con
vistas a, coa intención de. Iniciouse
o pasado mes de outubro con vistas a que estea rematado en febreiro do ano que
vén.
conciliar el sueño fr. Conseguir durmir: colle‑lo sono, prender no sono,
adormecer. Non son noites nas que
tarde a hora de colle‑lo sono debido a preocupacións de maior ou menor
entidade, pero reais.
correr el riesgo
fr. Estar unha cousa exposta a perderse ou a non
verificarse: corre‑lo risco de, expoñese a. Se non é así, córre‑lo risco de asumir, por desidia, ideas adocenadas.
corte de manga (dar ou facer a alguén) fr. fig.
vulg. Ademán de significado obsceno e despectivo que se fai coa man,
estendendo o dedo corazón entre o índice e o polgar á vez que se levanta o
brazo e se golpea nel coa outra man: corte de manga. Un corte de manga que lle supuxo o cartón
vermello.
cuando menos loc. conx. Denota unha excepción. Ben que non sexa outra
cousa, ben que non sexa máis: alomenos, polo menos, cando menos. ... permitiría, cando menos, mante‑la
poboación...
curarse uno en salud fr. fig. Precaverse dun dano ante a máis leve ameaza: para
non poñerse en camisas de once varas, para que non haxa malos entendidos /
dobres entendidos, para non correr riscos, para que non haxa volta de folla. ... para non complica‑las cousas preferiu
deixa‑los comentarios para outro momento.
daños y perjuicios loc. subst. Dise no dereito que expresa reclamación por unha
situación desfavorecedora que provocou perdas: danos e perdas. Ademais, Abonomar S.L. deberá indemnizar coa
cantidade de 7.315.492 ptas. a empresa demandante, polos danos e perdas que lle
causou.
dar cara a una persoa, hacer cara a, plantar cara fr., desafialo, opoñerse, resisti‑la súa autoridade: facer fronte, afrontar, arrostrar,
enfrontarse, arrepoñerse. ... o plan de residuos é necesario para
facerlle fronte á batalla que se aveciña....
dar la murga fr. fam.
Molestar con palabras ou accións que causan fastío por prolixas ou
impertinentes: da‑la lata, da‑la vara. Non
van senón a da‑la lata, falan de cousas intranscendentais....
dar lugar, hacer lugar fr. Desembarazar un sitio ou deixar libre e franca
unha parte del: dar lugar, orixinar, ocasionar. O ministro sinalou que descoñecía as razóns que puideron dar lugar a
que non se puidese culmina‑la operación....
dar paso a fr. Permiti‑lo paso ou o acceso: dar paso a. No momento en que se institucionaliza esa
relación co espacio e se lle dá paso a propostas específicas para que se
interaccionen con el... / ...a cooperación e a mala liberalización están a dar
paso a un concepto enerxético global e xa non local ou de autarquía..
dar uno las espaldas fr. Volverlle as costas ó inimigo, fuxir del: da‑las
costas, vira‑las costas. ... en
plena campaña, anunciando a súa volta á area para cando os que lle deron as
costas acaben de escandalizarse....
darse cuenta de una cosa, caer en la cuenta fr. Facerse evidente algo, sinalar: decatarse,
darse de conta, sinalar, advertir. A
prensa local tamén se decatou da inesperada presencia deses novos candidatos.
de acuerdo (con) loc. adv. (e prep.). De conformidade, unanimemente. Úsase máis cos
verbos estar, quedar e poñerse: de acordo (con), conforme a, consonte.
Valor preposicional: segundo. ... anque insistiu en que está de acordo coa análise dos resultados que
realizou o grupo... / De acordo cos novos investimentos o salario mínimo....
de buenas a primeras, loc. adv. Á primeira vista, no principio, no
primeiro encontro, sen reparo nin consideración; precipitadamente. A primeras de cambio, loc. adv. fig. de
buenas a primeras, sen
máis nin máis, da noite para o día, de boas a primeiras, do pé para a man, de
contado. Sen máis nin máis
decidiu liberarse do pasado que a afogaba....
de hecho loc. adv. Efectivamente. De veras, con eficacia e boa
vontade; cando se aplica a unha norma ou prescición legal previa: de
feito. De feito, e segundo un
estudio realizado durante 1994 e 1996. / De feito, destaca del Riego, o 80% dos
lobos....
de la mano de loc. adv. Collidos da man. Coa axuda ou a colaboración de
alguén: da man de, apoiado por, de acordo con. Da man do coordinador de Espacio Uno, Rafael Doctor, e da xefa do
Departamento de Audiovisuais do museo. / ... sempre da man de técnicos
forestais, e non de batidas indiscriminadas.
de la noche a la mañana loc. fig. De súpeto, en moi breve espacio de tempo: da
noite para a mañá, do pé para a man. Recordou que alí “as conversas non foron da noite para a mañá, alguén
achandou primeiro o terreo e logo chegou o grande encontro”.
de medio pelo loc. adx. Dise das persoas que queren aparentar máis do que
son, ou das cousas de pouco mérito ou importancia: de catro cadelas, de pouco fuste.
Non podo aceptar que algúns
dirixentiños de catro cadelas utilicen estes argumentos para nega‑la entrada de
líderes nacionais nos seus feudos.
de muerte loc. adv. A morte, implacablemente: de morte. A Carlos Príncipe feriuno de morte a mesma
empacadora que ergueu.
de pronto loc. adv. Apresuradamente, sen reflexión: de súpeto, de repente, de
socato, de pronto. De súpeto,
como nun sarampelo pouco reflexivo e algo medroso....
de puta madre loc. adv. vulg. Moi ben: de
moito nabo, de moita envergadura, de moito pendello. Tanya ‑Kim‑ unha fontaneira de moito nabo
segundo a ex do Un, dous, tres.
de vez en cuando loc. adv. Algunha vez: de
cando en vez, de cando en cando, de vez en cando. ... estes enfermos recaen de cando en vez e só entón
ingresan nas unidades de agudos.
debaixo de loc. prep. En lugar ou situación inferior a:
debaixo de, baixo de, baixo, so. As capturas en Galicia están por
debaixo das mil toneladas.
debido a loc. prep. A causa de, en virtude de: debido a, por mor de, por causa
de. Verbo da nova situación
adquirida pola empresa, os traballadores terán que....
después de loc.
prep. Denota
posterioridade de tempo, lugar ou situación: despois de. Uresberueta expresou a súa
satisfacción polo feito de que despois dunha costeira mala de anchoa... /
Actualmente os buques están obrigados a realizar un reconto das capturas
despois de cada lanzamento das redes....
día a día loc. adv. Tódolos
días: día a día, diariamente. Deste
xeito o campus de Lérez incluirá titulacións que medran día a día en demanda
laboral e ó mesmo tempo contribuirán....
echar las campanas al vuelo fr. fig. Elevar un o espírito ou a imaxinación: bota‑las
campás a voar, bota‑las campás a tocar. Hai algo máis que bota‑las campás a voar.
echar luz fr. fig. Recobrar vigor e robustez as persoas
delicadas. Ilumina‑lo entendemento: aclarar, iluminar, botar luz sobre. Os novos descubrimentos iluminaron unha
etapa histórica ata agora bastante espida.
en boga fr. fig. Boa aceptación, fortuna ou felicidade
crecente. Usado principalmente na frase “estar
en voga”: en voga, de moda. Non sen razón, o semanario “The Economist” citaba a finais de decembro
un chiste de moda nos Estados Unidos.
en cuanto a loc. adv. Polo que toca ou corresponde a: respecto
de, en canto a, verbo de, no tocante a. O pasado sábado, os membros da Converxencia de Independencia de Padrón
asumían as queixas formuladas por veciños do municipio en canto á aparición de
peixes mortos no río Sar....
en entredicho (poner) fr. Dúbida que pesa sobre a honra, a virtude,
calidade, veracidade... de alguén ou algo. Xeralmente cos verbos estar, poñer, quedar: poñer en cuestión, en dúbida. Non
convén, tal e como están as cousas, poñer en dúbida a súa actuación.
en favor de loc. prep., en
beneficio e utilidade de alguén: a favor de, en beneficio de, a prol de, en
prol de. Era dous o número
oficial de víctimas daquela manifestación a favor da independencia de Alxeria.
en nombre de loc. adv. Que actúa en representación súa: no nome de. Prepárense tamén para
unha suba de impostos no nome da eficacia porque anque a vida non ten un prezo,
a sanidade ten un custo.
en tanto que loc. adv. Mentres ou durante algún tempo intermedio: en
tanto que, mentres, entrementres. ...
que en tanto o interese de España é mante‑los fondos que recibe.
en tela de juicio loc. adv. Dúbida acerca da certeza ou do éxito dunha cousa:
en
cuestión, en dúbida. Os problemas
de investimento poderían poñer en cuestión postos de traballo.
en torno a loc.
prep. Indica aproximación
cando se refire a cifras ou unha apreciación sobre a materia que se trata: en
torno a, aproximadamente, máis ou menos, arredor de, ó redor de. De acordo coa cifra de producción, Galicia
que ten ó redor do 50 por cento do total, deberá facerse cargo... / O
presidente en funcións da Xunta de Galicia recordou que o pasado ano, Galicia
foi a comunidade española que alcanzou un maior crecemento das exportacións,
aproximadamente o 30 por cento.
en vano loc. adv.
Inutilmente, sen logro nin
efecto: en van, en balde. En van
intenta un adentrarse minimamente no fenómeno.
entre la vida y la muerte fr. En perigo inminente de morte: entre a vida e morte. Bandrés, en coma, pelexa entre a vida e a
morte tras unha segunda hemorraxia cerebral....
estar de buen ver fr. Dise cando unha persoa ou
cousa se conserva ben e en óptimas condicións: estar de bo ver. É o caso do gigoló que aínda hoxe está de bo
ver e que viviu nunha tenda de campaña durante dez anos.
estar en forma fr. fig. vulg. Estar en boas condicións físicas ou
espirituais: estar en forma. Está en
boa forma para incorporarse no cadro e xogar o próximo domingo.
estar en la mano de fr. fig. Depender da súa elección ou decisión: estar
na man de. Agora as contas están
na man do novo director.
estar hasta la coronilla fr. fig. fam.
Estar farto e canso de sufrir algunha pretensión ou esixencia: estar
farto, estar ata as orellas, estar ata os narices, estar ata os cornos, estar
cheo. ... estaba farta de
soportar esas humillacións, e tomou a decisión....
facer fincapé fr. Facer insistencia nunha cousa, porfiar: facer
fincapé, teimar, insistir. Asegurou
que non houbo descoordinación entre as forzas que participan nesta operación e
fixo fincapé en que o barco de bandeira panameña....
frente a loc.
prep. Enfronte de,
diante de algo. Contra ou en contra de algo ou alguén: enfronte de, fronte a, contra. ... o valor das capturas ascendeu ós 6936
millóns de pesetas fronte ós 7346 millóns de todo o ano pasado. / Con
anterioridade, unha trintena de barcos concentráranse fronte ó porto de Vigo en
sinal de protesta / O seu compatriota Rivaldo, autor o domingo do segundo tanto
fronte ó Celta de Vigo, mostrouse...
fuera de lugar loc. adv. Inoportuno, inadecuado, contrario á situación ou
ás circunstancias: fóra de lugar. As súas
respostas estaban fóra de lugar. / É unha comparación que está fóra de lugar e
de todo sentido común.
gracias a loc. prep. Por causa de alguén ou algo que produce un ben ou
evita un mal: gracias a. A flota de
baixura basca case alcanzou no que vai de ano os ingresos de todo 1996, gracias
a que a boa temporada do bonito....
hacer aguas una cosa o aguas de cerrajas fr. fig.
Esvaecerse ou frustarse o
que se pretendía ou esperaba: facer auga, ir a pique. ... na que se sinalaba que a evolución á
baixa do IRPF provocaba que este modelo fixese auga.
hacer de su capa un sayo fr. fam. y fig. Obrar alguén, con liberdade en cousas
e asuntos que só a el lle pertencen ou atinxen: facer un o que lle peta, facer do
seu un pandeiro. O equipo debe
funcionar de forma conxunta e non facer cada un o que lle peta, para que todo
saia....
hacerse eco uno de algo fr. fig. Contribuír á difusión dunha noticia, rumor:
facerse eco, contribuír / participar na difusión de algo. O Igape para contribuír á difusión das novas
achegas á resolución da polémica, organizou unha xornadas sobre....
hoy por hoy loc. adv. Para dar a entender que algo é ou sucede agora de
certo modo, pero pode cambiar máis adiante: hoxe por hoxe, hoxe en día. Hoxe por hoxe a situación non cambiou moito.
importar un bledo fr. fig. “Bledo”: cousa
insignificante, de pouco ou ningún valor: importar unha figa, tanto ten, o mesmo pesa
un ombro ca outro, tanto ten xabón como fío negro. ...‑non quere dicir con iso que lle importe unha figa.
ir del rabo fr. fam. ou fig. Seguir ou acompañar a outro
continuamente con adulación e servilismo: ir ó rabo. Vai ó seu rabo porque el foi quen o criou.
ir para largo fr. Expresión coa que se denota que unha cousa tardará
en verificarse: ir para tempo, ir para moito. O Hospital de Lugo vai para moito.
jamás de los jamases loc. adv. Reforza o significado do adverbio “xamais”: Endexamais,
na vida, nunca máis, nunca xamais, nunca na vida. Endexamais é posible unha fraude desas dimensións. / Con toda
seguridade se existe fraude é excepcional e mínima e endexamais 3 de cada 10
gasolineiras poden cometer fraudes tan enormes na medida.
levantar la liebre fr. fig.
Chama‑la atención sobre algún asunto, dando lugar a que outro se entremeta nel:
descubri‑lo
xogo, suscitar unha polémica, descubrir algo oculto. ...e sen querer descubríulle‑lo xogo, de
maneira que todo se acabou.
liar la manta a la cabeza fr. fig. Tomar unha decisión precipitada ou actuar de
modo irreflexivo: tirar para diante, sen parar mentes, sen pensalo dúas veces. Sen moito cavilar, tirou para diante e
conseguiu o gol da victoria.
limar asperezas fr. Conciliar e vencer dificultades, opinións
contrapostas en calquera asunto: sacarlle ferro ó asunto, achegar posicións,
conciliar opinións. En catro
horas, Aznar e Oreja só puideron sacarlle ferro ó asunto que tiña que ver cos
peneuvistas.
llevar a cabo una cosa fr. Executala, concluíla: desenvolver, facer, realizar, executar,
levar a cabo. Esta política
cirúrxica, que se desenvolve tras realizar unha craniolomía é a única
posibilidade de sacar adiante o enfermo... / O primeiro Plan do ourizo da
Consellería realizouse o ano pasado.
llevar alguien el agua a su molino fr. Dirixir no seu interese ou proveito exclusivo
aquilo de que pode dispoñerse: leva‑la auga para o seu rego, leva‑la auga
para o seu muíño, varrer para a casa. Non lle será doado leva‑la auga para o seu muíño se quere triunfar na
reunión.
llevarse la palma fr. Sobresaír ou exceder en competencias doutros,
merecendo o aplauso xeral: leva‑la palma. A Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación leva a palma, con 99
obras xa citadas.
llover sobre mojado fr. fig. Vir traballos sobre traballos. Sobrevir
traballos ou coidados que agravan unha situación xa molesta. Repetirse algo
innecesario ou fastidiado: vir de vello, pouca la e pola silveira. Con estas novas manifestacións dáse por
suposto que a cousa vén de vello.
luz verde loc. subst. Camiño ou procedemento aberto e diposto para o
logro dun asunto, empresa, etc.: luz verde. O Executivo comunitario concedeu a súa luz verde tras considerar
“improbable” que a adquisición de Inespal....
mano a mano loc. adv. Na linguaxe da tauromaquia, expresión con que se
precisa que, nas corridas de touros, actúan só dous destros en competencia. Por
extensión, dise de toda acción realizada por dúas persoas competindo con
emulación. Fig. En compañía, con familiaridade e confianza: man a
man, entrambos. Enfrontaranse man
a man nun discurso transmitido por La 2.
meter la pata fr. fig. fam. Intervir nun asunto con ditos ou feitos
inoportunos: mete‑la zoca. Procura
non mete‑la zoca no último momento.
metidos en harina fr. fam. fig. Estar un gordo e te‑las carnes macizas.
/ Estar empeñado con moito afán nunha obra ou empresa: metidos no tema, no asunto,
entrados en discusión, metidos no allo. Xa metidos no asunto falaron da boa marcha da economía.
miel sobre hojuelas fr. Úsase para expresar que unha cousa vén moi ben
sobre outra, ou engádelle novo atractivo: pan comido, camiño de rosas, non ser arco de
igrexa unha cousa, mel nas filloas. Non
obstante, dixo que non todo será pan comido para o ancián.
ni corto ni perezoso fr. fig. fam.
Con
decisión, sen timidez: sen pensalo, sen pensalo dúas veces. O caso foi que, sen pensalo dúas veces,
saíndo da taberna, vai para a casa.....
ni pincha ni corta fr. fig. e fam.
Que se aplica ó que ten pouca validez ou influencia nun asunto. Úsase referido
a persoas: nin tose nin moxe, nin tolle nin mata, nin pinta nin mata, nin arre
nin xo, nin fai nin desfai. ...
nestes momento o adestrador non tose nin moxe, a decisión é só dos
xogadores....
no caer en saco roto una cosa fr. Non esquecela, tela en conta para sacar dela algún
proveito en ocasión oportuna: non caer en saco roto, non caer en van. ... ou tamén hai que perseguilas e captalas
no intre en que se nos ofrecen e despoxalas de todo aquilo no que se pode
disfrazar a súa transparencia natural, para que non caian en saco roto, en
ornamentacións e premisas pouco verdadeiras....
no decir (ni) pío fr. fig. Non dar
unha palabra: non chistar, non despega‑los labios, gardar silencio, non dar fala, non
dar unha fala, non dicir nin mu, non dar nin chío, non dicir aquí estou eu, sen
dicir hoste nin moste, sen gurgutar palabra. Mellor sería non dar nin chío.
no levantar cabeza fr. fig. Estar moi ocupado especialmente en ler e
escribir; non acabar de convalecer dunha enfermidade, padecendo frecuentes
recaídas. Non poder saír da miseria ou da pobreza: non levantar cabeza, non saír do
que se é, non ir nin para adiante nin para atrás, non saír do sitio. Levaba seis anos sen levanta‑la cabeza dos
apuntamentos. / Parece que a nova situación non o deixa saír do sitio.
no tener desperdicio fr. Ser moi útil: aproveitar algo na súa totalidade, ser útil,
ser de moito proveito. Frases
dese talante convén conservalas, aproveitalas, son de moito proveito, son das
de non tirar ó lixo.
no vérsele el pelo a uno fr. Nota‑la ausencia dunha persoa nos lugares ós que
adoitaba ir: non verlle o pelo a alguén. A
empacadora de Teis en Vigo, custoulle a alcaldía a Manuel Soto e desde entón
non lle viron o pelo máis que...
pasar de largo fr. Ir ou atravesar
por unha parte sen deterse; fig. non
facer reparo ou reflexión no que se le ou trata: pasar, non reparar, non deterse. Para que o meteoro pase sen causar estragos
destacables. / A supervisión consistía en non reparar demasiado no tema das
contas de fin de ano.
pelillos a la mar fr. Modo de afirmar que non se faltará ó que se
tratou; esquecemento de agravios e restablecemento do trato amigable: morra
o conto, non se fale máis. Sobre
os desencontros habidos nas últimas semanas, morra o conto.
plantar cara a alguien fr. fig. e fam.
Desafialo, opoñerse, resisti‑la súa autoridade: arrepoñérselle, arreporse,
enfrontarse, poñe‑la cara. Arrepóñense
ós radicais abertzales.
poner de manifiesto una cosa fr. Manifestala, expoñela ó público: poñer
algo de manifesto, expoñer. ...
xa que os resultados puxeron de manifesto un afastamento das propostas... /
Reinoso que participa nas II Xornadas hispano‑lusas da enerxía que se
desenvolverán en Compostela ata hoxe, puxo de manifesto as grandes
semellanzas... / Os bombeiros puxeron de manifesto que o inmoble estaba
baleiro.
poner de relieve una cosa fr. Subliñala, destacala: pór de relevo, destacar,
salientar. Neste sentido expresou
a súa intención de cambia‑lo rumbo, intensifica‑la nosa actuación como
socialista en Galicia e poñer de relevo de forma máis nítida o compromiso co
galeguismo. / ... foi posta de relevo ó día seguinte da xornada electoral....
poner el grito en el cielo fr. Queixarse en voz alta: queixarse, leva‑las mans á
cabeza. As dúas asociacións de
fiscais que existen quéixanse e denuncian o acoso do fiscal xeral do Estado.
poner en baile fr. dise do ataque, ameaza ou
calquera outra acción que perturba ou inquieta a outro, ou lle impide realiza‑los
seus propósitos: acosar, asediar, traer en xaque, apertarlle as caravillas a alguén.
Coa súa actitude apertoulle as
caravillas ó actual sistema de emprego.
poner fin a una cosa fr. Darlle fin a unha cousa, concluíla: dar
fin, poñer fin, acabar con, rematar. Os acordos de Evián que lle puxeron fin á contenda de Alxeria
estipulaban que Francia mantería oficialmente ata o ano 1967 as catro bases
para ensaios nucleares e espaciais no Sáhara. / O paso dun terceiro barco
cargado con plutonio e refugallos nucleares con rumbo a Xapón ameaza outra vez,
os mares do sur, mentres os países aceleran a busca de normas que lle poñan fin
ó tráfico de substancias radioactivas....
poner verde a alguién loc. fig. fam.
Ateigar de improperios ou censurar acremente: poñer pingando, poñer a parir,
sacarlle o pelello, poñer a caer dun burro, poñer a pan pedir, poñer a caldo,
poñer verde, darlle unha calda a un.
Saíu da reunión e púxoo pingando.
ponerse al corriente fr. Informarse, adquiri‑lo coñecemento necesario: poñerse
ó día, poñerse ó tanto. De pouco
lle serviu poñerse ó día das novas contas.
ponerse en sus trece fr. fig. Persistir
con insistencia nunha cousa que aprendeu ou empezou a executar: poñerse nas súas, poñerse serio. Ata que ó final non lle queda máis remedio que poñerse nas súas.
ponerse rojo fr. fig. Ruborizarse, sentir vergonza: poñerse colorado, poñerse coma
as brasas. Unha moza que se pon
colorada por nada invadiría a pequena pantalla de hoxe pola noite.
ponérsele a uno los pelos de punta fr. fig. fam.
Encrespárselle o cabelo a alguén por frío ou por algunha outra circunstancia;
sentir gran pavor: poñérselle a alguén os pelos de punta, poñérselle a un a carne de
galiña. A situación chegou a
tales extremos que a máis dun se lle puxeron os pelos de punta.
por arte de magia loc. adv. Indica que algo puido realizarse por procedementos
non naturais: por arte de maxia, por arte de encantamento, por encantamento, por obra
do espírito santo. ... porque non
van resolver por arte de maxia o gravísimo problema da violencia.
por cuenta de loc. prep. Por
conta de alguén ou algo: por conta de. ...acoden pola conta destes ou daqueles a concederlles exclusivas a
xornalistas descoñecidos....
por doquier loc. adv. Por onde queira que se mire: por tódalas partes, por tódolos
lados. Tópicos por aquí, plaxios
por alá, ausencia de talento, grosería e escaso interese por tódalas partes.
por fin loc. adv. Que expresa unha certa énfase, despois dunha
situación de espera: por fin, finalmente. Por fin confírmase o contrato do tan
esperado xogador de fútbol.
por lo contrario
loc. adv. Ó
contrario; ó revés, dun xeito oposto: pola contra, por contra, polo contrario. Polo contrario, a enquisa do CIS
outorgáballe entre 19 e 20 escanos....
por otro lado: fr: Desde outra perspectiva
ou punto de vista: por outra banda, por outra parte, por outro lado, ademais. Por outra banda o titular de Educación
presentou na Coruña cinco novas publicacións editadas polo seu departamento....
por su parte loc. adv. Polo que a un lle toca ou pode facer; úsase cos
demais pronomes posesivos ou con nomes substantivos: pola súa parte, pola súa banda. Pola súa parte, os veciños do barrio de
Ferrol Vello... / Pola súa parte, o deputado no Congreso Guillerme Vázquez
convidou o Partido Popular....
por todo lo alto loc. fig. fam. De maneira excelente, con rumbo e esplendor: polo
alto, ó grande. Fixeron unha
festa ó grande.
puesto que loc. conx. adversativa: anque. / loc conx. causal: pois, dado que, xa que, posto que. ... as vantaxes do poder central ós gobernos
nacionalistas poden ser menos graves, posto que unhas mínimas condicións de
gobernabilidade esixiron esta inxustificada entrega. / ... explícase pola falta
de información do estado demográfico actual da poboación de lobos, posto que os
últimos datos oficiais....
quedar a la altura del betún loc.
fig. fam. Quedar mal: quedar á altura dos zapatos, ser
un ninguén, deixar ás escuras a un, abaixarlle a un a crista, deixar ás boas
noites, darlle unha volta na moa a algún. Cos insultos que lle aplicou queda á altura dos zapatos.
quedar en agua de castañas fr. Dise cando algo non chegou ó cabo ou non tivo o
fin que se agardaba: quedar en augas de bacallao, quedar en augas
de castañas, quedar en nada. Cómpre
apuntar que estaba previsto dotalo da mellor auga do Océano Pacífico, pero ó
final todo quedou en auga de bacallao, que é a que ten.
quid de la cuestión fr. Esencia, punto máis importante ou por qué dunha
cousa. Úsase precedido do artigo “o”: o quid da cuestión. Porque aquí está boa parte do quid da
cuestión.
quitarle hierro fr. Rebaixar, quitarlle importancia ó que parece
esaxerado: sacarlle, quitarlle ferro a unha cousa. Estévez quitoulle ferro á polémica.
rasgarse las vestiduras loc. fig. fam.
Entre os hebreos manifestación de dó: escandalizarse, mostrar indignación, tirar
dos pelos, leva‑las mans á cabeza. ...
por tres derrotas non nos imos tirar dos pelos ....
saber uno donde le aprieta el zapato fr. Saber ben o que lle convén: saber (un) onde lle doe, saber
(un) con que bois ara. Agora que
sabe onde lle doe, o falangueiro dirixente socialista.
saborear los mieles del éxito fr.
Desfrutar felizmente do éxito acadado: coñece‑lo sabor do éxito. De xurdir hoxe a Velvet Underground
coñecería o sabor do éxito, ou un público fiel....
sacar las castañas del fuego fr. fig. fam. Executar para proveito doutro
algunha cousa da que pode obter dano ou prexuízo para si mesmo: saca‑las
castañas do lume (con man allea), apandar, tirar polo carro, da‑la cara. Villena tamén convén en que “o club ten
claro que os que estamos aquí somos os que temos que apandar...”.
salir a la luz fr. fig. Ser producida unha cousa. Imprimirse, publicarse
unha cousa. Descubrirse algo oculto: saír á luz. Os óleos de Gabriel Celaya saen por fin á luz nunha mostra en Valencia.
/ Saíron á luz os tan desexados datos sobre o caso “Mar Exeo”.
salir o salirse de madre fr. Rebordar un río ou regato, figuradamente adquire o
valor de exceder extraordinariamente do acostumado ou regular:
rebordar, poñe‑lo carro antes cós bois, poñe‑lo carro diante dos ollos. A representación hispana é notable e
contundente, co Madelman rebordando na delicadamente ambiental Chao Amigo. Pero
para non poñe‑lo carro antes cós bois digamos que a longa crise que padece o
PSdeG se expresa como segue....
sea lo que fuere o sea lo que sea fr. Expresións con que se prescinde do
que se considera accesorio, pasar a trata‑lo asunto principal: sexa
como for, sexa como sexa. Sexa
como for, está claro que para dirixir Sogama....
seguir la pista a alguién fr. fig.
fam.. Perseguilo,
espialo: non deixar de ollo, non quitar ollo, non deixar nin a sol nin a sombra,
vixiar atentamente, non saír do lado dun en ningún momento, non perder de
vista. Non o deixaron nin a sol
nin a sombra durante as horas que permaneceu hospitalizado.
seguir la tónica establecida fr.
Continuar cos preceptos establecidos ou de acordo co estipulado: segui‑la
tónica establecida. ... o que
anuncia con seguridade un amplo despregamento de iniciativas e mobilizacións
sociais impulsadas polos nacionalistas, seguindo a tónica establecida no bando
vigués....
soltar prenda fr. fig. fam. Dicir
algo que o deixe comprometido a algunha cousa. Úsase con negación: non
dicir nin mu, calar coma un peto, non dar un chío. En situación comprometida mellor calar coma un peto.
tarde o temprano loc. adv. Nalgún momento: tarde ou cedo, antes ou despois.
Porque antes ou despois sairán.
tarde, mal y nunca fr. Expresión coa que se pondera o mal e fóra de tempo
que se fai o que sería case mellor que non se executase xa: tarde,
mal a rastro. Agora parece que
reivindican o crime. Tarde, mal e arrastro, como adoita acontecer nestes casos.
tener eco fr. fig, Propagarse con aceptación: ter repersusión, ter sona, ter
éxito, ter fama. A sona do seu
protagonista tivo repercusión na prensa británica.
tener en cuenta fr. Ter presente, considerar: ter en conta, tomar en conta. ... porque nos interesaba ter en conta os
investimentos realizados nos anos 1993 e 1994. / Tendo en conta que en Galicia
só existen sete pisos protexidos de saúde mental....
tener la cabeza como un bombo fr. Atoparse atordado, preocupado por moitas cousas: te‑la cabeza coma un bombo, te‑la cabeza
coma un tambor. Cando un se ergue
despois de pasar unha desas absurdas noites perdidas, tanto para a vixilia como
para o sono, ten a cabeza coma un bombo baleiro de todo asomo de lucidez.
tener lugar fr. Ter cabida, suceder unha cousa: ocorrer,
suceder, efectuarse, realizarse. Na
xornada que se vai realizar no salón de actos....
tener uno una cosa en la punta de la lengua fr. Estar a piques de dicilo. Estar a piques de
acordarse dunha cousa e non dar nela: ter na punta da lingua. Non podería ser outro que Juan Carlos
Rodríguez Ibarra, político extremista que ten moitas solucións na punta da
lingua ....
tenerlas tiesas loc. adv. Enfrontarse con serenidade a un antagonista,
discutindo ou pelexando con el: telas gordas, ter abondo, telas tesas. O Barcelona vai telas gordas porque ve a
liga....
tirar por la borda fr. fig. fam. Desfacerse inconsideradamente dunha
persoa ou cousa: botar, tirar pola borda. Isto
non o podemos tirar pola borda para que haxa unhas eleccións dentro de quince
días que lle volverían a da‑la victoria ó PP. / ... non pode tirar pola borda
un patrimonio persoal como o que representa....
tocar las narices fr. fam.. e fig. Face‑lo vago; vulg. fastidiar, marear, cansar unha persoa: rasca‑los pés, rasca‑la barriga,
raña‑la barriga, marea‑la paciencia, marea‑la cabeza, cansar, acabarlle coa
paciencia a alguén. Rasca‑la
barriga, en plena campaña electoral, sería unha actitude pouco dada a bos
resultados. / E claro, acabou por cansa‑los homes que representan a vontade do
pobo.
toda vez que loc. adv. No caso de que sexa así, supoñendo que sexa así: tendo
en conta que. Poderían cambiar
esta vez a estatística tendo en conta que agora o seu xogo non é tan boiante.
toma y daca: exp. fig. Que se usa cando
hai troco simultáneo de cousas ou servicios ou cando se fai un favor esperando
a reciprocidade inmediata: tira e afrouxa, toma e dá. A segunda metade, nos seus comezos, foi un
constante tira e afrouxa, con sucesivas igualadas.
tomar cartas en (un asunto, negocio) fr. fig. fam. Intervir nel: intervir, tomar cartas en, colle‑la cousa
da man. O propio presidente dos
Estados Unidos, colleu a cousa da man despois de informarse sobre o contido
duns documentos.
tomar el pelo loc. fig. fam.
Burlarse de alguén con eloxios, promesas ou afagos finxidos: rir
(de alguén), toma‑lo pelo. Se con
esas resolucións, o Goberno pretende rir de nós....
una de cal y otra de arena loc. fig.
fam. Alterar cousas
diversas ou contrarias para contemporizar:
O Kremlim deu onte unha de cal e oura
de area cunha ofensiva e con mostras de disposición ó diálogo.
uno por uno loc. adv. Úsase para expresar maior separación ou
distinción: un por un, cada un. Atutxa
custodiará “un por un” tódolos cargos do PP.
valer la pena fr. Ser importante ou estar ben empregado o traballo
que custa. Úsase tamén con negativas: paga‑la pena, vale‑la pena, merece‑la pena. Para Caballero, o esforzo realizado pagou a
pena e rexeitou falar dun cambio de relacións co....
verse apretado fr. fig. fam.
Verse nun grande apuro ou perigo. Úsase máis comunmente falando dos enfermos: Verse
nun apuro, verse apertado. Mario
Conde, sen dúbida, está pasando por un bo apuro.
verle a uno el plumero fr. fig.
fam. Descubri‑las
intencións ou pensamentos de alguén: ve‑las trazas, coñece‑las intencións, a
pouco que se achegue cheira a peixe, coñece‑lo pano que se ha de cortar, coñece‑lo
percal, coñece‑los coxos no andar, coñece‑los coxos no xeito de andar, dicir de
que pé coxea, por moito que se afeite sempre lle sae a la. Por moito que o intente ó final vénselle as
trazas.
vis a vis loc. subst. Cara a cara, un contra outro, con respecto a outro,
en relación con outro: vis a vis, man a man, cara a cara. bis (sic) a vis.
Visto bueno fr. Fórmula que se pon ó pé dalgunhas certificacións e
outros documentos e co que se asina debaixo; dá a entender que se atopa
axustado ós preceptos legais e está expedido por persoa autorizada respecto
diso: visto e prace. A Comisión
Europea deulle onte, luns, o seu visto e prace á adquisición da empresa
española Inespal por parte da firma norteamericana Alcoa.....
vivito y coleando loc. adx. fig. fam. Dise do
que se cría morto e está con vida: vivo e ben vivo, estar para gastar unhas
mangas novas, estar tan campante, poder conta‑lo conto. Cando crían que se acabara o perigo, aparece
o monstro, vivo e ben vivo.
volve‑la vista a atrás fr. fig. Recordar sucesos pasados, meditar sobre eles: mirar para atrás: volver sobre os mesmos pasos. De vez en cando recoméndolle que volva sobre
os seus pasos.
ya que
loc. conx. condicional Unha vez que, dado que. / loc. causal ou consecutiva, porque: xa
que, dado que. ...xa que foron os
protagonistas dun encerro no consistorio... / Xa que, segundo a CIG, a
Administración oculta estes datos. / Dado que os expedientes non chegarán ata
mañá,procederase....
O Correo Galego
O Correo Galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario