02 enero 2015

Instrucións para parecer galego


http://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os

Luz Casal e Carlos Núñez. Negra sombra.


I.
Aprenda a avergonzarse. Desprécese. Menoscábese. Desdéñese. Maltrátese. Vilipéndiese. Humíllese con frecuencia. Non perda a práctica, menosprécese.
Polo clima. Polas curvas. Polas vacas. Polo acento. Polas árbores. Pola lingua. Por Galicia. Por todo.
Cuspa para arriba. 
No caso de que alguén lle sinale algún aspecto salientábel do seu país, practique o "si, pero" (mellor aínda, "si, mais"), e rebaixe o que poida.
- Pois  en Lugo tedes unha muralla romana.
- Sí, pero é moi vella.
- Pois nas Rías Baixas os solpores son marabillosos.
- Sí, mais despois faise noite.
Se algunha vez, cadra nun momento de debilidade, atopa algo destacábel en Galicia, non se deixe levar pola euforia, e antes de que o interlocutor poida facerse unha idea positiva, búsquelle ou invéntelle un defecto ou chata, verá que sempre atopa un pero:
- As praias galegas son formidables, pero a auga está moi fría.
- A paisaxe é vizosa e dun verdor impresionante, pero chove moito.
- Pois parvear filloas ou papas nos Calangros de Prebello, é un pracer.
- Sí, mais Prebello está xalundes.
- Ti es galego, non si?
- Sí, pero podería non selo.  

II.
Fale galego, pero en español.

III.
Vale. Se se empeña, fale galego.
Mais procure que non se lle note.


Manuel Núñez Singala en Instrucións para tomar café.

2 comentarios:

Amando dijo...

Buenos días, querido amigo Manolo

Leo con atención tu blog; gran contribución la tuya.

Me llama la atención esta entrada "Instrucións para parecer galegos". Me llama la atención, sin más.

Un abrazo y que nos veamos en el camino.

Balonga dijo...

Benquerido Amando, atoparémonos polos lastros da Alameda baixo a alongada araucaria, para mollar a palabra cun godello, albariño ou ribeiro, ou polo azul palinuro da túa poética pintura celestial.

Boandanza.