10 junio 2018

AS IMPROPIEDADES



https://www.youtube.com/watch?v=DFWODce9CHA
Fandango. Luigi Boccherini


AS IMPROPIEDADES  

A impropiedade prodúcese cando se lle aplica a unha palabra un significado que non lle corresponde.

Recargar, (abigarrar) significa ´combinar mal as cores´ e ´amontoar, apertar cousas heteroxéneas´. Recargado:  adornar en exceso. poñer moita cantidade, …Recargado (abigarrado) non é sinónimo de compacto, tupido.

Abafador (abrumador), ten significado negativo, ´que angustia´, ´que preocupa´, ´que cansa´. (Atafego, sobrecargado,angustiado, molestado).Non é de carácter positivo, éxito, vitoria, respaldo. Debe evitarse como sinónimo de grande, masivo.

Adicción: Inclinación ao xogo etc. ou dependencia das drogas.
Adición: acción ou efecto de sumar ou engadir.

Adoecer.Ter un defecto, tacha ou carencia de algo. Non é ´carecer´. Contraer a rabia. Sufrir  unha dor, irritación. Rabiar.

Alocución. Discurso breve dirixido por un superior aos subordinados. Non é sinónimo de ´discurso´,´sermón´.

Asumir é ´atraer a si´.facerse cargo. responsabilizarse. Non é sinónimo de supoñer.

Barallar  é considerar varias posibilidades ou opcións, polo que o complemento ten de ser plural. Se non hai opcións pode usarse  estudar, analizar, considerar, propor.

BIANUAL que acontece dúas veces ao ano. BIENAL que se repite cada dous anos.
BIMENSUAL que sucede dúas veces ao mes. BIMESTRAL  que ocurre cada dous meses.

Celebrar pode ter un significado neutro: celébrase un xuízo, unha xuntanza etc. Porén cando é festexar unha data  ou un acontecemento e gabar ou aplaudir algo, ten carácter positivo e non debe referirse a feitos negativos.  Nese caso debe empregarse conmemorar: conmemorouse a aniversario da matanza dos avogados de Atocha.

Endosar é pasar a outro un traballo, carga ou cousa molesta. Non se debe empregar
no linguaxe deportivo como propinar, encaixar.

Escuchar significa ´oír con atención, prestar atención ao que se di´. Non se debe empregar como substituto de oír ´percibir sin intencionalidade´.

Esgrimir aplicase só as armas brancas como coitelo ,espada ou sabre. Non é correcto para armas de fogo.

Esotérico é aquelo que está oculto, reservado ou difícil de entender.
Exotérico é aquelo que é público, accesible ou fácil de entender.

Especia é substancia para condimentar a comida.
Especie é un conxunto de cousas semellantes.

Esperar é a crenza de que algo favorable aconteza.  Non pode ir con asuntos funestos ou adversos,  como Tráfico espera cen vítimas mortais ou espéranse inundacións na bisbarra. Nestes casos usar o verbo prever.

Exclusivo é único, só. Non ten os valores de ´selecto´, ´elegante´.

Honestidad é decencia, recato, pudor, honradez. Non debe empregarse o adverbio honestamente por sinceramente, francamente.

Humanitario que mira polo ben do xénero humano como axuda humanitaria, labor humanitaria, sentimento humanitario,  mais non é axeitado falar de drama humanitario, catástrofe humanitaria, crise humanitaria.

Inaudito significa nunca oido, asombroso, vituperábel. Non é sinónimo de insólito.

Incidente é unha rifa, disputa, pelexa, liorta.  Non é sinónimo de suceso, problema, avaría ou accidente.

Inerme significa ´indefenso´aplicable a personas, organismos… que podan levar armas. Inerte é ´sen vida, morto´.

Infectar é padecer  o organismo unha infección causada por microbios.
Infestar é cando os seres vivos ou lugares se enchen de parasitos ou seres molestos ou nocivos (a leira infestouse de escaravellos).

Presunto, na linguaxe xudicial aplicase a quen se supon que cometeu un delito, namentres está aberta a causa xudicial e até que se emite un fallo. Se non hai causa xudicial tense que falar de suposto. 

Sinalar é ´marcar, indicar´.
Sinalizar é colocar sinais  nas vías de comunicación.

Tachar só combina con elementos defectuosos.
Tildar  aplicado a unha persoa ou unha situación significa cualificalo de xeito denigrante. Para casos positivos hai que empregar verbos, como considerar, supoñer, cualificar, etc.

Vesania é a ´loucura furiosa´.  Non debe usarse como ´maldade´.

No hay comentarios: