Recuerdos de la Alhambra de Francisco Tárrega. Guitarra Narciso Yepes
A crise da década de 1970 (I)
As causas profundas
da crise
Unha segunda orde de factores que provocaría a gran crise
estrutural dos anos setenta ten que ver con desaxustes que xa se produciron en
momentos anteriores nas economías capitalistas, tanto no ámbito do modelo
produtivo como no monetario e financeiro.
A saturación dos
mercados
O gran crecemento económico dos anos gloriosos baseouse na
produción masiva e estandarizada, sobre todo, de bens duradeiros e equipamentos
domésticos, que era o que se demandaba en sociedades en expansión demográfica e
con pleno emprego. E esa demanda sostíñase sen problemas grazas ao constante
aumento dos salarios reais e ao fácil acceso ao crédito. Os primeiros
aumentaran de 1950 a
1970 un 62% en Xapón, un 63% en Italia, un 58% en Alemaña e un 31% en Estados
Unidos e o desenvolvemento do crédito ao consumo a prazos fora igualmente
espectacular.
Pero os mercados empezaron a saturarse por:
- A aparición de desemprego que reducía a demanda, xa que
son as persoas de ingresos baixos, as que máis proporción da súa renda dedican
ao consumo.
- A gama de produtos que constituían a oferta estaba
esgotada. Nos anos setenta, o 99% das familias estadounidenses posuían
televisión e un automóbil por cada dous cidadáns.
O esgotamento da base
tecnolóxica
Para facer fronte a esta saturación, os capitais trataban de
abrirse a novos produtos e mercados. A competencia internacional obrigaba ás
empresas a reducir custos ao máximo, pero a crise do petróleo elevaba os custos
da enerxía.
Había que producir novas variedades de bens ou, polo menos,
darlles novas aparencias. Mais a tecnoloxía existente, estaba concibida para
producir millóns de unidades repetidas, pero non variedade delas, produtos
diferenciados, polo que esta tecnoloxía da produción en serie, deixara de ser
útil para proporcionar rendibilidade.
A crise do sistema
monetario internacional
Estados Unidos, tradicional acredor dos demais países
occidentais pasou a ser debedor, multiplicando a súa débeda por 5 na década dos
sesenta. As súas reservas de ouro reducíronse á metade entre 1950 e1970. En
1971 o presidente Nixon declaraba a non convertibilidade do dólar e a súa
depreciación. Isto trouxo consigo dúas consecuencias: a desaparición dos
límites para crear liquidez e a entrada na escena financeira internacional dos
bancos e as empresas privadas como grandes xeradores de liquidez. En 9167
representaban o 12% da débeda pública exterior e en 1975 alcanzaran o 50%.
Así se foi producindo un incremento xigantesco da liquidez
que aumentou gravemente a vulnerabilidade financeira do sistema.
Endebedamento e
hipertrofia financeira
A demanda que sostivo o crecemento dos anos gloriosos puido
manterse grazas aos salarios e principalmente polo masivo incremento do crédito
ao consumo.
Xunto ao crédito ao consumo, crecía o que se destinaba a
financiar operacións puramente especulativas que se realizaban masivamente
cando os mercados tornábanse inestábeis
e os prezos subían, xerando así beneficios da simple compra e venda rápida dos
activos. Paul Samuelson cuantificou o crédito existente en EE.UU.en 692.000
millóns de dólares en 1959 e 5,6 billóns en 1984.
O endebedamento masivo veu da man dun crecemento
extraordinario da masa monetaria, que se foi disociando do fluxo da produción
real para se alimentar só a si mesma: entre 1945 e 1970, o produto nacional de
EE.UU. aumentou o 190% e a produción industrial o 200%, namentres
que o capital para a intermediación financeira elevouse un 750%.
El capitalismo en crisis. Juan López Torres. Anaya
No hay comentarios:
Publicar un comentario