Serenata española de Joaquim Malats por Pepe Romero
A crise da década de 1970 (Tª. Keynesiana) y(II)
O divorcio entre a
economía real e a monetaria
O incremento masivo da oferta monetaria ía producir dous
efectos concomitantes que influirían na dureza da crise e na gran dificultade
que supoñería gobernala
.
Por unha banda, que as autoridades tratasen de atraer a
maior cantidade posíbel de capitais, subindo os tipos de interese. Mais ao
subir os tipos de interese encarecían o investimento produtivo e o consumo,
porque o seu financiamento resultaba caro.
Por outra, a abundancia de liquidez manifestaríase nun ir e
vir constante dos capitais puramente especulativos, o que xeraba ondadas de
abundancia ou escaseza que producían inestabilidade permanente no sistema
monetario e financeiro internacional.
A combinación de todos estes factores reais e monetarios
levaba á economía capitalista a unha situación realmente paradoxal que ía
contribuír decisivamente á crise. Había capacidade produtiva suficiente pero
non se utilizaba porque non servía para vender o que se producía, porque a
rendibilidade do investimento que se requiría para modificar a base tecnolóxica
esgotada era moi escasa en relación coa que proporcionaban os novos negocios
especulativos ou a mera intermediación financeira e, en consecuencia porque os
capitais destinábanse a este tipo de negocio en lugar de a actividade
produtiva.
Os límites da
regulación keynesiana
Mentres que o crecemento económico foi estábel e as
economías proporcionaban emprego e ingresos suficientes, a política económica
que aplicaban os gobernos era sinxela e simple. Bastaba con utilizar a política
fiscal, a monetaria e a de prezos e reparto de rendas, para darlle empuxe á economía cando se
debilitaba ou para arrefriala cando
se aceleraba en exceso.
No primeiro caso
baixaba impostos, subía gasto e baixaba os tipos de interese e, no segundo,
todo o contrario. Con iso xeralmente bastaba para estabilizar a economía e
garantir crecemento intensivo e emprego.
Era o triunfo case indiscutido entón (1970) das ideas de Keynes: “todos somos keynesianos”,
dicíase. Pero cando foi desatándose a crise, polas razóns que fomos analizando, esta política económica tamén
deixou de ser efectiva, basicamente por:
-
En primeiro lugar, porque os motores deixaran de
funcionar e xa non bastaba con limitarse a
facer que funcionasen só a maior ou menor velocidade.
-
En segundo lugar, porque a política keynesiana era moi
útil cando se aplicaba no marco nacional. Mais cando aparecían problemas de
inestabilidade internacional (sobre todo, monetarios) deixaba de ser eficaz
porque a eles non alcanzaba a política fiscal ou monetaria local.
-
Para rematar,
porque esas políticas eran viábeis se había un pacto de rendas forte que
evitaba os conflitos entre grupos sociais e, particularmente, entre capital e
traballo. E ese consenso foi o primeiro que empezou a romperse coa crise
estrutural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario