13 febrero 2019

Memorias dun neno labrego





Antonio V. Roel del Río. Nisi Dominus


Eu non sei se desvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. ¿Que é todo esto? Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro de todo seguirá igual despois que eu morra. Virá máis xente e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.

Escribir no caderno -¡quen o diría!- é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é un milagre todo, dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo.


Adealla:Balbino. Un rapaz da aldea. Coma que dis, un ninguén.
                            Sirva este libro para celebrar o décimo terceiro aniversario deste blogue. 

No hay comentarios: