Pedro Navaja. Rubén Blades
Pode que sexas o morgado e recibas unha grande herdanza. Sentado no milladoiro, quererás saber a millarada que che deixaron os devanceiros na millarega, se foron milleiros, ou millentas de millo ou en troca, se todo chega xa ás millentas e quiñentas e agora con mollar a palabra, cun neto de mencía na taberna, xa te conformas. Polo si ou polo non, convén botar as contas.
1. MEDIDAS DE SUPERFICIE
1 fanega = 4 ferrados
1 ferrado, tega = 5 áreas
1 escá, tego = 1/2 ferrado
1 copelo = 1/5 área
1 estadal = 1/100 ferrado
2. MEDIDAS DE LONXITUDE
1 legua = 5,5 km
1 milla mariña = 1.852 m
1 vara = 80 cm
1 cuarta = 1/4 vara
1 estadal = 4 varas
1 pé = 12 polgadas
1 furco (entre os dedos índice e polgar) = 1/6 vara
3. MEDIDAS DE PESO
1 quintal = 48 kg
1 arroba = 1/4 quintal
1 libra = 16 ou 20 onzas (1/2 kg)
1 carta = 1/4 libra
4. MEDIDAS DE CAPACIDADE PARA LÍQUIDOS (viño. . . )
1 moio = 8 olas
1 ola, arroba, cántara = 16 litros
1 canado = 2 olas
1 canada = 4 litros
1 carta = 1/4 canado
1 neto = 1/2 litro
1 cuarteiron = 1/4 litro
5. MEDIDAS DE CAPACIDADE PARA ÁRIDOS (gran, fabas, ...)
1 fanega = 4 ferrados
1 ferrado, tega = 12 kg de centeo, 16 kg de trigo, 18 kg de fabas, 20 kg de millo)
1 escá, tego = 1/2 ferrado
1 carteira = 1/4 de ferrado
1 cunca = 1/16 de ferrado
No hay comentarios:
Publicar un comentario