Amancio Prada y Cuco Pérez. Nadie la llama y viene
GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR (II)
Gastos das Administracións Públicas en España. Clasificación funcional ano 2011
Valor (mill. de €) % Total % do PIB
SERVIZOS PÚBLICOS BÁSICOS 94.538 19.7 9.0
Servizos xerais 60.113 12.6 5.7
Defensa 11.205 2.3
1.1
Xustiza, orde
pública e seguridade
23.220 4.8
2.2
ESTADO DE BENESTAR 313.385 65.3
29.4
Pensións
113.255 23.6 10.7
Desemprego
29.831 6.2 2.8
Enfermidade,
familia, exclusión 20.723 4.3
1.9
Servizos sociais e
outros gastos 15.606 3.3
1.5
Saúde 67.500 14.1 6.3
Educación
50.440 10.5 4.7
Cultura, deporte e
relixión 16.030 3.3 1.5
ASUNTOS ECONÓMICOS 55.833 11.6
5.2
MEDIO AMBIENTE E SERV.COMUNIT. 16.317 3.4
1.5
Promoción do medio
ambiente
9.903 2.1
0.9
Vivenda e
servizos comunitarios 6.414 1.3
0.6
TOTAL
GASTOS 480.073 100
45.1
A clasificación
funcional móstranos o destino final dos recursos públicos e a súa
translación ao cidadán en forma de prestacións e servizos públicos.
Case as dúas terceiras partes do gasto destínanse ás
actividades do Estado de Benestar (65,3%), destacando as Pensións (23.6 %),
Saúde (14.1%), Educación (10.5%) e Desemprego (6,2%).
As Pensións (23,6 %) medraron polo aumento do número de
pensionistas e o incremento da pensión media. O maior número de pensionistas é
polo aumento demográfico do número de persoas que chegan á xubilación e da vida
media dos pensionistas e por outra banda pola ampliación dos colectivos
beneficiarios (agrarios, autónomos) e as xubilacións anticipadas das empresas.
Na actualidade hai 9,7 millóns de pensionistas.
O crecemento da pensión media foi por causas vexetativas e
discrecionais (vinculación ao índice de prezos).
O sistema español de pensións é “de reparto”, os activos de cada momento aportan os fluxos que reciben
os pensionistas dese período. Os anos e a contía do cotizado por cada un só
serve para estabelecer a base da percepción, pero non hai unha correspondencia
automática como nos réximes “de
capitalización”, onde se igualan o valor de capitalización das achegas e a
contía percibida no momento da xubilación. Por iso é polo que o sostemento do
sistema depende da relación a longo prazo entre cotizantes e perceptores, así como da evolución das cotizacións e
pensións medias, O aumento do desemprego reduciu o número de cotizantes por
baixo de dous cotizantes por cada pensionista, o que pon en dúbida a súa
viabilidade sen cambios no longo prazo.
O aumento da idade de xubilación dos 65 aos 67 anos de forma
gradual até 2027, a
ampliación do período de cómputo da pensión de 15 a 25 anos e a introdución
dun factor de sostemento, son medidas que entraron en vigor en 2013 para paliar
o déficit estrutural. A garantía de continuidade do sistema obriga a novos
cambios na fórmula do cálculo da pensión como alongamento do período a toda a
vida laboral, aumento do número de anos cotizados para acceder ao 100 por 100
da base reguladora e a indexación anual das pensións con indicadores
alternativos ou complementarios ao IPC.
Os gastos de Saúde (14,1%) e Educación (10.5%) son os dous
servizos públicos máis relevantes do Estado do Benestar, realizado polo sector
público e polo privado mediante concertos. Se xestionan desde as Comunidades
Autónomas que posúen as competencias básicas do Estado do Benestar.
Os Servizos Públicos Básicos (19,7 %) son gastos estables ao
longo da 1ª década do século.
Finalmente, o crecemento do gasto en Asuntos Económicos
debeuse ao investimento en infraestruturas: ferrocarrís, estradas e vías
urbanas, pero a crise económica obrigou a unha brusca caída do investimento
público.
Síntese feita do estudo de José Mª Serrano Sanz y Eduardo Bandrés. Civitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario