GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR
Unha parte do gasto público dedícase a pagar aos empregados públicos, á compra de bens necesarios e á prestación de servizos como a educación, a sanidade, a xustiza, a policía ou a defensa nacional. Outra parte transfírese a grupos como os pensionistas, os desempregados, as baixas por enfermidade ou as persoas dependentes. Para rematar, algúns recursos dedícanse ao investimento en infraestruturas, a protección do medio ambiente e á promoción da actividade económica.
A clasificación económica do gasto público divídese en gasto corrente (consumo ou aforro) e gasto de capital (investimento).
Gastos das Administracións Públicas en España. Clasificación económica ano 2012
Valor (mill. de €) % Total % do PIB
GASTOS CORRENTES
Consumo final 204.193 41.3 19.4
Bens e Servizos 59.386 12.0 3.7
Funcionarios e empregados públicos 116.087 23.5 11.0
Concertos en educación, sanidade, farmacia 28.720 5.8 2.7
Intereses da débeda 31.322 6.4 3.0
Pensións, desemprego, baixas 168.491 34.1 16.0
Subvencións 10.060 2.0 1.1
Outros 15.718 3.2 1.5
GASTOS DE CAPITAL
Formación bruta de capital 18.131 3.7 1.7
Transferencias de capital a pagar 45.750 9.3 4.4
TOTAL GASTOS 493.685 100 47.0
O consumo final das Administracións Públicas alcanza o 41.3 % do total. Comprende a remuneración dos funcionarios e demais empregados públicos (23.5 %), defensa, xustiza, policía e sanidade e educación, así como a compra de bens e servizos necesarios para o bo funcionamento da Administración. Os concertos prestados pola iniciativa privada (concertos en educación, sanidade, servizos sociais e farmacia.
Os intereses da débeda financian os déficits de exercicios anteriores.
As pensións, a prestación e o subsidio de desemprego e a compensación por incapacidade temporal para o traballo supoñen o 34.1 % do gasto público e crece de xeito ostensíbel polo avellantamento da poboación e o impacto da crise económica sobre o desemprego. Pasou de representar o 11,6 % do PIB ao 16.0 % entre 2007 e 2012.
Os gastos de capital foron recortados para atallar o desbordamento do déficit público.
Síntese feita do estudo de José Mª Serrano Sanz y Eduardo Bandrés. Civitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario