Vincallos para atar gavelas á grañoa, en mollos, marrotos e medas. Mallega para xebrar: o colmo para teitar e as manizas para o velairo.
19 noviembre 2019
O lapis do carpinteiro
https://www.youtube.com/watch?v=iPHzQBIbBqk
Foi coma un soño.
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega ós nosos días.
Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbel, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
O lapis do carpinteiro é o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.
Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario