La Bamba. Los
Lobos
Foi
no miradoiro, onde nos atopamos. Ela cos seus filmes,coas súas fotos, co seu
sorriso percorría o mundo da farándula. Eu coas miñas inquedanzas, coas
finanzas, coas palabras que din algo e algo fan, non saía da miña señardade.
Os dous andamos perdidos, ela no mar dos meus pesares, eu no mar dos seus
sentidos.
E
foi alí no Empire State, ao chou onde nos atopamos.
¡Que
ledicia, Liz, meu amor!.
¡Que
alegría, balonga, amor meu!.
Estou
bicado! cavilei. Bicar, non nos bicamos. Nin un bico. Ningún.
Así
xuntos a felicidade decuplicouse. Próugolle a Deus que fose así, e así
foi, mesmiño como o estou a contar.
Foi
no octoxésimo segundo andar entre duascentas persoas, onde levitamos de
xúbilo, non sentiamos a gravidade. Un encontro de altura. O vento zoaba do
Oeste e movía os cabelos dourados da miña adorada.
Lembrei
o "Duelo al sol" en Bande do ano pasado, onde botaba sangue
polo nariz, mais partimos as diferenzas civilizadamente. Como ten de ser.
Balonga!Teño
unha fame gazuza!. Imos xantar ao Juliana´s de Brooklyn, onde Patsy Grimaldi
fai as finas pizzas neoiorquinas, de gran sona entre os artistas.
Así
se fala! acertei dicir hipnoptizado polos seus ollos azuis palinuro e mollaremos
a palabra con godellos, albariños e ribeiros a esgalla.
E
veu ao caso dicirllo: "por qué a RAE acepta a palabra "bocata"?
se xa temos bocadillo ou emparedado, e por qué acepta " bacon e
beicon"? se xa temos touciño entrefebrado. Sorte que a RAG non o fixo.
Vir, vir ao caso, non viña, mais eu fíxeno vir.
Así
foi como vos digo, porque eu, o mesmo que digo unha cousa, digo
outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario