17 septiembre 2019

A conxura dos necios


 
Ritchie Valens. Come On Let`s Go (1958) 

John Kennedy Toole non conseguiu ver publicada en vida "A conxura dos necios", senón que foi a súa nai, once anos despois do seu suicidio, quen lle presentou a novela ao escritor Walker Percy. "A conxura dos necios" publicouse en EE.UU no ano 1980 e tivo tanto éxito  que ao ano seguinte o autor recibiu, a título póstumo, o Premio Pulitzer de ficción. 
"A conxura dos necios" é unha crítica demoledora da sociedade estadounidense contemporánea, e cuestiona de cheo os sistemas económico, relixioso e social.

Ignatius Reilly é unha representación grotesca do heroe moderno: intelectual e lacazán, de aspecto excéntrico e desaseado, de conduta maniática e crenzas absurdas e anticuadas. Un repoludo hipocondriaco que provoca ao mesmo tempo a risa e a mágoa.
Ignatius cuestiona unha sociedade que non comprende, mais nela ten que actuar, coma se fose un novo Quixote, para poder sobrevivir.


No hay comentarios: