The Monkees - I'm a Believer, 1966
Manhattan Transfer de John Dos Passos
Nova York de fondo, vidas cruzadas nunha cidade hostil,
hipócrita e traizoeira, baixo a mirada atenta da Estatua da Liberdade.
O soño americano dunha multitude de personaxes mergullados
na corrupción e miseria dunha metrópole deshumanizada que os asfixia ata a
desesperación e o suicidio.
Amor e paixón, vida e morte cunha xanela aberta á esperanza.
A cidade de Nova York retratada por John Dos Passos está
marcada polo materialismo e pola sede de éxito e poder dos seus habitantes. O
afán de superación e a loita constante por sobrevivir dos protagonistas da
novela activan a complicidade do lector, que se sente dende as primeiras
páxinas partícipe das súas vidas e atrapado polos seus destinos. Jimmy Herf,
Ellen Thatcher, Fifi Waters, Congo, Joe Harland e outros moitos conforman un
mosaico de vidas que teñen en común a cidade que os acolle.
A técnica innovadora coa que está construída a novela coral,
resultante do emprego de recursos cinematográficos, monólogos interiores, fragmentos
de cancións populares e anuncios e recortes de prensa, redunda na
orixinalidades dunha obra que supuxo un acontecemento literario no seu día e
que continúa vixente na actualidade.
Cun gran realismo e unha fonda emoción, en Manhattan
Transfer reflíctese a dura e ás veces tráxica vida dos emigrantes que
chegan cargados de esperanzas a un país de destino onde a realidade non é como
imaxinaran.
Tradución de Mercedes Pacheco Vázquez para medusa - sotelo
blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario