Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán. Solo pienso en ti
INGRESOS PÚBLICOS
En 1977 introdúcese a imposición sobre a renda e o
patrimonio e culmínase en 1986 coa implantación do Imposto sobre o valor
engadido (IVE) coincidente co ingreso de España na Unión Europea. Con estes
cambios a nosa fiscalidade asimilouse á vixente nos países comunitarios.
Ingresos das
Administracións Públicas en España, en 2011.
Valor (mill. de € %
Total % do PIB
IMPOSTOS S/ PRODUCIÓN E IMPORT. . 104.956 27.6 9.9
Imposto sobre valor engadido (IVA) 55.412 14.6 5.2
Imp. s/consumos específicos 22.719 6.0 2.1
Outros imp.s/producc. e import. 11.379 3.0 1.1
IBI, IAE, Licenzas, Taxas. 15.446
4.1 1.5
IMP.S/RENDA, PATRIMONIO E CAPITAL 105.498
27.8 9.9
Imp. Renda Personas
Físicas (IRPF) 79.076 20.8 7.4
Imp. s/Sociedades
19.852
5.2 1.9
Imp. s/Patrimonio
56 0.0 0.0
Imp. s/Sucesións 2.220 0.6 0.2
Imp. Locais (terreos, tracción mecánica…) 4.058
1.1 0.4
Outros impostos
236 0.1 0.0
COTIZACIÓNS SOCIAIS 140.035
36.9 13.2
Rendas da produción
10.582
2.8 1.0
Outros ingresos
18.600 4.9 1.7
TOTAL INGRESOS
379.671 100 35.7
Os ingresos das Administracións Públicas españolas nútrense
sobre todo de tres partidas as cotizacións
sociais que proporcionan o 37 %
de todos os ingresos públicos, os impostos directos
(sobre a renda. patrimonio e capital) cos que se recada o 28 %, e os impostos indirectos
(sobre a produción e as importacións) que supoñen tamén o 28 %.
As cotizacións sociais aportan financiamento ao sistema de Seguridade Social e supoñen máis da terceira parte do total de
ingresos públicos en 2011
A diminución do número de cotizantes a S.S.pola crise
económica, xera temores sobre
o seu sostemento.
O imposto sobre a renda (IRPF)
aportou por si só máis do 20 % de
todos os ingresos públicos. O imposto sobre Sociedades foi moi afectado pola
crise económica, caendo a súa recadación.
Os impostos sobre a produción e as importacións,os
indirectos, son moi sensíbeis á conxuntura económica, e caeron ata o 10 % do
PIB en 2011. Aquí o principal tributo é o IVE
que aporta el só o 14,6 % do
total.
Os grandes impostos (IRPF, IVE, Sociedades) son recadados
pola Axencia Tributaria do Estado (excepto País Vasco e Navarra) e este
financia ás Comunidades Autónomas a través de transferencias.
Síntese feita do estudo de José Mª Serrano Sanz y Eduardo Bandrés. Civitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario