14 abril 2020

Pequena Inglaterra



Sirtaki grego.

Pequena Inglaterra é unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle a súa autora. a cretense Ioanna Karistiani,
o Premio Nacional de Literatura de Grecia. Dende aquela, sucedéronse as reimpresións e as trducións a multitude de linguas.

Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das illas Cícladas, como marco principal da acción, e alicerzada cos vimbios caractersticos dunha traxedia clásica, a obra, partindo da personaxe da protagonista, Olga Saltaferos, afonda nas vidas dunha comunidade de mariñeiros ao longo da primeira metade do século XX. Traballo, desgrazas, vodas e amores cruzados, vencellos irrenunciables, solitarias travesías, paisaxes agrestes, a guerra...

O amor, a perda, as renuncias e a sororidade son catro temas cruciais que, con acerto lírico e solvencia narrativa, a autora aborda nunha historia poboada de personaxes que foi cualificada en ocasións como melodrama moderno, tamén en canto a súa complexa estrutura.    

No hay comentarios: