https://www.youtube.com/watch?v=o-eYa-v5gHA
Suspiros de España. Pasión Vega
Agora lembro ben cantos eramos. Eramos sete, si seis ou sete seriamos, no furancho.
De cacho para testo andaba ela. De cacho para cribo andaba eu. De capa e bimba andabamos todos.
En Londres temos ao Boris, que é mullereiro, troleiro e folgazán. Así son todos os populistas de esquerdas e de dereitas, dixo un deles que levaba toda a tarde dicindo o mesmo.
Pois aquí dende Palacio, o Emperador anda cos seus socios en felonía con vesania, dixo o noso oráculo, que vive o tempo presente, pasado e futuro.
Supoño que si, pero tamén supoño que non, que xa é supoñer, dixo un calquera, por manter o estereotipo.
Non vos gustan? Preguntou outro que sempre está a preguntar.
Non tal. Hai que ter gandinga. Ogallá que vivan tempos interesantes!
Viven como reis sen rañala. Gastan moitos cartos, que dos seus petos non van sair, xa pagaremos os de sempre, dixemos a masa coral dos santos bebedores.
Os ollos azuis de Liz escintilaron e foron petar cos meus, propios de meu, e ambos os dous e máis os nove ou dezanove que seriamos, continuamos a mollar a palabra cos godellos, albariños e ribeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario