25 febrero 2021

Cancioneiros dos goliardos

 

https://www.youtube.com/watch?v=HuLx5PpCZ44 

Milladoiro: Foliada de Santirso - Xota para Aida

 

Na Europa dos séculos XI e XII un grupo de magníficos poetas cantaron cancións en latín que chegaron ata nós compiladas en coleccións. De moitas destas pezas consérvase a música, e a maioría delas son de autor anónimo.

A meirande sona téñena merecidamente os Carmina Burana, cancións do mosteiro bávaro de Beuren, recreadas polo compositor Carl Orff en 1935 na cantata escénica do mesmo nome. As súas composicións encádranse entre os séculos XII e XIII e foron compostas sobre todo en latín. Gran parte da colección é anónima, pero tamén se inclúen versos de poetas moi ilustres, como Hugo de Orleáns. o Arquipoeta de Colonia, Gualterio de Chàtillón ou Pedro de Blois, todos eles chamados xeralmente goliardos.  

Non obstante, os Carmina Burana non son o único froito desta vigorosa lírica latina medieval. Por fortuna, nas abadías e mosteiros europeos os estudosos atoparon outras antoloxías de cancións que dende o século XIX se clasificaron coa denominación de cantos goliardos. Este é o caso dos tres cancioneiros de poemas e cancións dos poetas goliardos que traducimos aqu.

No hay comentarios: