https://www.youtube.com/watch?v=bBX2PXaqn34
España camisa blanca. Ana Belén
A gran trampa (I).
(I) Crear diñeiro da nada
A política monetaria trata de resolver problemas do exceso de débeda e dunha inadecuada asignación de recursos.
O banco central compra bonos e activos. É un préstamo a baixo custo e así convértese nun fondo de investimento apancado.
Entre 2007 e 2015 a débeda pública da Euro zona foi do 65 ao 90 %.
Baixar os tipos e aumentar a liquidez para tomar máis risco por menor rendibilidade, non é máis que un efecto placebo ("gas da risa monetario"). Dulcifica os problemas da economía co fugaz "efecto riqueza".
A expansión cuantitativa (QE), compra de bonos e garantías hipotecarias para aumentar os créditos, ten un impacto insignificante ou negativo. É mellor dotar de liquidez exclusivamente aos axentes económicos.
Ao inxectar cantidades enormes de liquidez no sistema, na práctica os bancos centrais o que fan é transferir riqueza dos aforradores aos gobernos endebedados e ao sistema financeiro.
O diñeiro circulante debe ser o que cos avances tecnolóxicos ou administrativos consiga a obtención de maiores cantidades reais de bens e servizos, cunha cantidade dada de terra, traballo e capital. A crise do 2008 foi por un exceso de capital circulante.
O presidente do BCE Mario Draghi, non parou de alertar aos gobernos sobre a importancia das reformas que impulsen crecemento, a baixada de impostos e a redución de desequilibrios. Ninguén lle escoita, tampouco cando recorda que a política monetaria ten data de caducidade.
O exceso de débeda e o seu conseguinte refinanciamento crea un incentivo perverso. A mala asignación de capital prémiase e os excesos de capacidade e gastos improdutivos fináncianse con maiores impostos aos sectores de alta produtividade e ás familias. Isto leva a que a economía se estanque (estanflación= crecemento débil e inflación elevada). É unha transferencia de renda do sector produtivo ao improdutivo que acaba en estanflación e crise. En lugar de imprimir diñeiro, a economía real é crear diñeiro para a xente e pasa por baixar impostos e recortar o gasto público, o que aumenta os ingresos dispoñíbeis reais.
O diñeiro, na súa función de medio de cambio, facilita o comercio, co que evita a permuta. Crealo artificialmente sen base é roubar. Provoca inflación, que é o síntoma dun claro desequilibrio, xerado pola asignación inadecuada de capital. Xera o efecto dunha subvención improdutiva, cuxo "efecto placebo" deixa paso a unha crise económica, pola ineficacia e desequilibrios causados pola creación indiscriminada de diñeiro. A destrución do tecido empresarial e a diminución dos aforros e do poder adquisitivo son as súas consecuencias. Desde 1960 a relación entre creación de diñeiro e inflación é directa.
O efecto multiplicador do gasto público é inexistente e traducirase en futuros impostos máis elevados. A política monetaria non pode substituír ás reformas. É unha inadecuada asignación de capital. Os mantras repetidos polo consenso keynesiano non funcionan. O mundo debe recuperar as políticas de oferta, con redución de impostos e fomento do investimento produtivo, eliminando trabas aos sectores de valor engadido e subvencións aos obsoletos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario