14 febrero 2006

O efecto Pigmalión na Galiza. Eis Prebello


Aconteceu na aldea celta de Prebello, nos Ancares.
 Chegaron os norteamericanos (sabicheiros eles) co gallo de examinar a intelixencia dos nenos da escola. Fixéronlles moitos tests e ao remate, sen corrixilos, dixéronlles aos mestres que nas probas feitas:
Xan de Xanón, Rudesinda Outeiro e mailo Ibrahim Mohamed foran os mellores.
 
Os mestres mudaron o seu comportamento cos tres, coma se en efecto, fora certo, e ao final do curso, Xan de Xanón, Rudesinda Outeiro e mailo Ibrahim Mohamed foron os mellores.

Velai, o mesmo efecto, que está a acontecer, agora na Galiza:
Aumenta a natalidade (iso xa estaba feito dirán algúns, si, porén, a xente xa sabía o que ía pasar).
Houbo a mellor colleita de albariños, godellos e ribeiros.
O Celta atuou ao Madrid alí.
O centralismo uniformizador cheira a facotexo.
Bicáronse o sol e a lúa. E moitos máis.
Fanse as beiras, na montaña e na ribeira.
Habemos fadas e xorden estrelas que escintilan cando se pon a lúa.
Chove a gusto de case todos.
Non se mesturan as fabas coas castañas.
Fálase galego a esgalla, o galego a primeira liña gaña.
Temos a lingua espodada e tiramos pola lingua.
E así cadaquén, o mellor de seu, bota fóra.
Hai un País! Hai Futuro!

Nótula: Publicado tamén n´A Nosa Terra nº 1.212 do 23 de febreiro do 2006


Adiós rios, adiós fontes. Amancio Prada

No hay comentarios: