23 abril 2008

Así foi adorada Liz (I).



Eiqui foi cando unha vez quixen namorar a miña adorada Liz Hurley e con folgos dixenllo: "Señorita busco relación con fines serios”. ¡No me río nunca!.


Eiqui foi cando a mirada escintilante dos seus fermosos ollos, fíxome cavilar que o castelán non servía pra todo, e daquela, deixeino.



Que saibas balonga que: eu quero un amor mariñeiro, mariñeiro do mar, que tamén hai mariñeiros que andan na terra a pescar.

Que saibas Liz que: eu polo mar, ti tamén, os dous andamos perdidos, ti no mar dos meus pesares, eu no mar dos teus sentidos.






 Marisol. Corazón contento

5 comentarios:

reineta dijo...

bonita muller. eu tamén quería un moso do mar pra que me dea os buenos días tódalas mañás con gheada e seseo!!

eu houbo unha temporada que quería aprender inglés pra escoitar música estranxeira pero deixeino cando descubrín que en galego tamén temos boa música. temos historias parecidas, non?

un bico mos@

Anónimo dijo...

Eu tamén adoro a moza esta!

Balonga: A ver se a encontra no cartaz...

ONDE É QUE ESTÁ A SEÑORITA HURLEY??

Balonga dijo...

Cabaleiro Medela, xa que logo vostede tamén adora a miña adorada Liz, non quero acollerme a vantaxe de que eu a vin primeiro e como cabaleiros que somos, non queda outra solución que un dó. Nun prado de verde herba, un vestido de branca neve e outro de negro carbón, con espingarda ou pistolón.
Ou, en troco, xa que logo, vostede faille as beiras e a min éncheme o ollo, con ela son pouco infeLiz, e moito feLiz na súa dorna, namentres mastigamos regaLiz ou reGalicia, entre brétemas ou marusía, pois que a luz da desluada Liz, escolla: ou branco ou negro.

zzzzzZZZZZ nos meus sonos endexamais soñei ter un 50% de posibilidades de acadar o amor de Liz. Estou bicado. zzzzzZZZZZ

Anónimo dijo...

Caro Balonga, Excelência, Sire:
Esquece Vde. o noso duelo.
Lembre: 20 de xullo de 1981. Festa do Ribeiro de Bande. Starring, Dúo Gala. Guest starring, orquestra Finisterre. Also Starring, Banda de Música municipal de Lobios de Sever, Porqueira, Limia.
O ínclito Dúo Gala arranca con:
"Que bonito es sentirse chihuahuense//y aventar por los aires un balaso..."
Pronto.
A señorita Elisabeth Hurley, repoluda e estralante, apoiada nun poste da FENOSA. Vde., caro Balonga, pídelle de bailar. Na altura en que os míticos Dúo Gala... "Que marque en el espasio//la ruta del valor", un servidor, solicita remude de baile: "Mudas parella??". Vde, Balonga, négase, con aceno rufo e desafiante, de cigarro Kentucky no canto dos labios. Os Dúo Gala, a teimar: "Enfrentarse al destino cara a cara...".
Loita asegurada. A señorita Hurley corre cara ao grupiño onde estaban as súas primas, feas e envexosas, que lle dan cobertura. O Dúo Gala, noutra dimensión: "Y adorar con pasión todo Chihuahua".
A miña camisa tórnase nobelo de fío. Vde., a sangrar polo nariz. Óuvense voces: "A Benemérita!!!". O Dúo Gala parece un coro de monxes tibetanos a cantar mantram: "Al son de mil guitarras... Que es toda mi pasión".
Non pasa nada. Vde., máis un servidor, parten as diferenzas, civilizadamente, e sobre todo, aliviados da tensión, no auto bar "Pote", improvisado e efectivo tribunal místico.
Elisabeth Hurley olla de esguello para ambos os dous. As primas feas, á rexouba.
A Benemérita, asubia e marcha.
O Dúo Gala... "Viva Chihuahua!!!"

Cos meus cumprimentos, meu señor.-

Balonga dijo...

Carissimi cabaleiro Medela,
Tanto, tanto esquecera aquel duelo en Bande, que agora ao ler o seu apaixonante relato sinto dó.
Vén a miña lembranza Elixio Rodríguez, que non estaba na polavila, por algo sería ou sería por algo.
Solicitáralle ao Dúo Gala a peza de “sapore di sale, sapore di mare” e sen chegar a “sapore de ti”, vénme vostede coa remuda de parella. Aquilo foi un desafío e no meu desatino funme a liorta. Un refacho de vento levantou a súa cabeleira e nin sequera moveu o meu cabelo crencho.Imaxe de tanta beleza non se lle escapou a Liz e isto amoloume, e moito.

Mais, se agora tentara ou tentase obter vantaxe da súa crónica, eu contraatacaría cun desliz con Liz. Deslizaríalle que só me que quedan tres anos de hipoteca. Golpe baixo diria vostede alporizado. Información complementaria na toma de decisións retrucaría eu, cachazudo.

Á espreita. Pola banda de Laiño, dos posíbeis rivais que nos ocultan a información, pra chegar despois do noso duelo ao corazón de Liz sen xeira ningunha.Pola Lestrobhe Big Band, namentres as dúbidas aniñen no corazón dela, acepto tamén, mollar a palabra cos xuices de Baco, doutores Ribeiro e Godello, e maila doutora Albariño e sempre sursum corda.

Boadanza.